Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente Gañadores Concurso Recopila 2013
25 | 11 | 2017
Gañadores Concurso Recopila 2013

 

Gañadores Recopila 2013

 

Esta mañá tivo lugar no salón de plenos do concello, ás 12:00 h. a entrega dos premios do concurso recopila 2013.

A recollida de pilas realizouse durante os meses de Abril e  Maio, sendo o último día de recollida nos colexios o día 31 de Maio.

 

 

 

 

 

Participación

Este ano o concurso tivo unha gran participación. Os nenos implicáronse moito nesta actividade, xa que a cantidade de pilas recollidas este ano é moito máis alta que a de anos anteriores,1745 Kg, unha cantidade moi elevada.

O recopila é unha forma divertida para que os nenos aprendan a reciclar correctamente e crear o hábito en casa de separar os residuos.

Así aprenden que non só se diminúe a contaminación ambiental, senón que ao reutilizar os materiais como o níquel, cobalto e a prata, evítase a nova extracción de metais e así diminuír  os gastos enerxéticos e as emisións que se producen no proceso.

 

Gañadores

Gañadores Recopila 2013Os premios este ano repártense de forma distinta á de anos anteriores. Os premios e coles gañadores son os seguintes:

  • Colexio gañador con máis pilas (Premio de 250 euros): A Mercé.796.5Kg.

Tendo en conta a diferenza de alumnos entre os diferentes centros, a asignación dos premios realizarase da seguinte maneira: Total kg recollidos no colexio / total de alumnos matriculados no colexio.

  • Clase gañadora de todos os colexios con máis pilas (Premio de 250 euros): Sexto da Asunción.541Kg.

Total kg recollidos na clase / total de alumnos clase

  • Segunda clase de todos os colexios con máis pilas (Premio de 200 euros): Terceiro da Mercé.539Kg.
  • Terceira clase de todos os colexios con máis pilas (Premio de 150 euros): Cuarto A de o Frei Luís de Granda.149Kg.
  • Cuarta clase de todos os colexios con máis pilas (Premio de 100 euros): Un empate entre as clases de cuarto e Sexto da Mercé. Cada unha con 93Kg.

Os premios serán en forma de vales para que vos colexios gañadores utilíceno no material escolar que necesiten.

Ademais déuselles un pequeno agasallo para todos os coles participantes.

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio