| | O presidente da Xunta acudiu a comer xunto aos cargos socialistas despois de visitar as obras do corredor. | | A romería de O Cesar e a do Cristo de Goián, en ambas as dúas parroquias Sarrianas, contaron onte con tal número de devotos que a vila de Sarria quedou practicamente baleira dende as dúas de tarde ata as sete. Ao ser día festivo no municipio, practicamente todos os establecementos públicos estiveron pechados, incluídos os bares e restaurantes. | | | | | | O bo tempo fixo que a romería de O Cesar contase con grande cantidade de familias que acudiron a celebrar as súas comidas campestres, e entre elas o presidente da Xunta, que despois de visitar as obras do corredor e dar un paseo cos membros da corporación pola Rúa Maior, se dirixiu á romaxe dos Remedios, onde comeu a base de polbo, para marchar arredor das catro da tarde. | |  |
|
|