Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente Concurso Recopila 2015
25 | 11 | 2017
Concurso Recopila 2015

 
Concurso Recopila 2015

Cada día que transcorre cobra máis importancia a necesidade de reciclar, especialmente cando se trata de residuos tan contaminantes como son as pilas.

Por este motivo, dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Sarria ponse en marcha concurso para a recollida de pilas usadas e de móviles, a finalidade deste concurso é concienciar as futuras xeracións da importancia que ten unha adecuada xestión dos residuos, así como a necesidade de que non tiren as pilas e os móviles usados nas bolsas de lixo.

Unha vez que as pilas están agotadas, é fundamental depositalas nos contedores específicos, xa que si se tiran ó lixo, éstas chegarán ós vertedoiros, onde os metais altamente tóxicos que conteñen pasarán, o ciclo da auga a través dos lixiviados producidos como consecuencia da choiva, ou ben pasarán á atmósfera a través dos gases producidos na queima das basura.

Bases:

  • Este concurso vai dirixido ós colexios de ensinanza primaria que existen no Concello de Sarria.
  • Levarase acabo durante os meses de abril , maio e xuño .
  • Consistirá no que se denomina unha  “Liga de recollida de pilas ”, que terá por obxetivo de fomentar unha xestión axeitada das pilas usadas entre os alumnos, premiando maioritariamente a aqueles colexios que acrediten ter alcanzada a máis alta taxa de pilas recollidas por alumno.

Premios:

Os premios consistirán en vales para mercar libros ou material para os alumnos.

  1. Premio:vale de 300 € --------- 1º DE PRIMARIA DO C. A MERCED
  2. Premio:vale de 175 € --------- 5º DE PRIMARIA C. FREI LUIS
  3. Premio:vale de 100 € --------- 2º DE PRIMARIA DO C. A MERCED
  4. Premio: vale de 75 € ---------- 4º DE PRIMARIA DO C. MERCED
  5. Cinco premios extraordinarios de  vale de 70 €, para UNHA UNICA  CLASE  DE CADA COLEXIO , que recolla unha maior cantidade de pilas.
  • C. “A MERCED” 1º DE PRIMARIA
  • C.”FREI LUIS GRANADA” 5º DE PRIMARIA
  • C. “A ASUNCION” 2º DE PRIMARIA
  • CEIP “ANTONIO FERNANDEZ LOPEZ" 6º PRIMARIA
  • ESCOLA DE EDUCACION INFANTIL 6º INFANTIL

 

Área de Medio Ambiente do Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio