Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Recoñecemento da Experiencia Profesional
20 | 11 | 2017
Recoñecemento da Experiencia Profesional

 
Centro de Información á Muller

Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

No DOG do 11/01/2016 convocouse, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. Un total de 2.171 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 646 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 455 prazas.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 200 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 250 prazas.
  • Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 70 prazas.
  • Aproveitamentos forestais (AGA343_2): 100 prazas.
  • Tanotopraxia (SAN491_3): 150 prazas.

Para as dúas primeiras cualificacións (as subliñadas) o procedemento realizarase en dous períodos:

  • Aquelas persoas que quedaron en lista de espera na anterior convocatoria: Non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación; só terán que formalizar o pagamento das taxas
  • As que non estean nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria.

Estas listas de espera están dispoñibles para a súa consulta na páxina web da consellería, no seguinte enderezo web: http://traballo.xunta.es/portada-reconecemento-experiencia-profesional.

A partir do día 25 do mes xaneiro de 2016, a través da páxina web da consellería, indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.

Todas aquelas persoas que non estean nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria deberán cumprir os requisitos que se sinalan nas bases desta convocatoria.

Prazos de inscrición no procedemento:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2); atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2); servizos para o control de pragas (SEA028_2), xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3), socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2), socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2) e confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 10/02/2016.
  • Para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de aproveitamentos forestais (AGA343_2) e tanatopraxia (SAN491_3) iniciarase no prazo de 3 meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde de convocatoria, e comprenderá 1 mes natural: 12/04/2016-11/05/2016.

 

Máis información no Servizo de Información, Orientación e Prospeción de Emprego do CIM.

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio