Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Entrega de premios II certame de lemas ilustrados contra a violencia de xénero
20 | 11 | 2017
Entrega de premios II certame de lemas ilustrados contra a violencia de xénero

 
Entrega de premios II Certame de lemas ilustrados conta a violencia de xénero

O xoves 28 de xaneiro entregáronse no salón de Plenos do concello os premios do II certame de lemas ilustrados contra a violencia de xénero.

O obxectivo desta edición foi promover a participación social da mocidade da comarca, o sentido crítico e a responsabilidade que a sociedade debe ter ante un problema que nos afecta a toda a cidadanía.

A actividade enmárcase no eixe de intervención socializador do II Plan de Igualdade do Concello de Sarria 2014-2017, dentro do obxectivo operativo 1: Favorecer a eliminación dos estereotipos e roles de xénero fomentando o afianzamento da educación en valores como ferramenta estratéxica, en colaboración con todos os axentes.

 

 

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio