Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Técnicas básicas de autoprotección e defensa persoal
20 | 11 | 2017
Técnicas básicas de autoprotección e defensa persoal

 
Taller de técnicas básicas de autoprotección e defensa persoal

Aberto o prazo de inscrición para participar nun curso de técnicas básicas de autoprotección e defensa persoal dirixido a mulleres de calquera idade.

O taller será impartido por Alejandro Gómez Aragón, funcionario en activo das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, instrutor universitario en Táctica Operativa Policial e experto en malos tratos e violencia de Xénero.

Distribuirase en tres días (7, 8 e 9 de marzo),e o horario previsto é dende as 19:45-21:45 horas.

Esta actividade está enmarcada nas estratexias de prevención que recolle o II Plan de Igualdade do Concello de Sarria: aprendendo a detectar, localizar e avaliar situacións de risco.

A través de sinxelos coñecementos e exercicios, tratarase de ofrecer ás participantes unha visión de conxunto para que podan detectar as posibles saídas e elementos da contorna que serven de protección e/ou defensa. Búscase achegar autoconfianza e seguridade persoal e desenvolver intuición, anticipación e capacidade de reacción; sempre tendo claro que o obxectivo fundamental máis común é o da evasión e a fuxida.


A acción é gratuíta, no marco do acordo de colaboración asinado entre a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación galega de Municipios e Provincias; por estar Sarria integrada na Rede de entidades locais contra a violencia de xénero dende a súa creación. Terá lugar no edificio da piscinas municipais cubertas. As mulleres que estean interesadas poderán inscribirse no Centro de Información á Muller ata o venres 04.03.2016.

 

 

Centro de Información á Muller

UE Secretaría Xeral de Igualdade

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio