Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Actividades do CIM con motivo do 8 de marzo
25 | 09 | 2017
Actividades do CIM con motivo do 8 de marzo

 
Actividades do CIM con motivo do 8 de marzo

Co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o CIM continúa a traballar cos centros educativos no importante labor da prevención.

Nesta ocasión, co gallo da conmemoración da día internacional da Muller, desenvolvéronse talleres co alumnado do último ciclo de primaria e de 1º da ESO. O luns no CEIP do Páramo. O martes nos colexios da Asunción e da Merced;  e o mércores, no CEIP Frei Luis de Granada.

Alejandro Gómez Aragón, Policía Nacional experto en violencia de xénero, foi o encargado de impartilos.

Estas accións, que foron promovidas pola Delegación de Cultura, Igualdade e Xuventude, a través do CIM, encádranse no eixe de intervención socializador do II PIOM 2014-2017 do Concello de Sarria: acción integral contra a violencia de xénero. No mesmo marco, inclúense o taller de técnicas básicas de autoprotección e defensa persoal que se ofertou e a obra de teatro "Contos de nenas grandes e pequenas", que rexistrou unha ampla afluencia de público na tarde do martes.

Unha Sarria máis igualitaria é posible coa nosa implicación! Moitas grazas aos centros educativos da comarca polo apoio que recibimos SEMPRE! E a todas as persoas que traballan cada día en prol dunha igualdade real!

 

 

 

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio