Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Subvencións emprendemento feminino: Programa Emega
20 | 11 | 2017
Subvencións emprendemento feminino: Programa Emega

 
Programa Emega

Resolución do 15 de xuño de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2016.

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

 

Aberto prazo ata o 1 de agosto de 2016

Liñas de actuación, entidades beneficiarias e presentación de solicitudes.

 

Máis información no Centro de Información á Muller, rúa Matías López nº33, e en:

http://igualdade.xunta.es/gl/axudas

Centro de Información á Muller

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio