Galician English French German Spanish
Inicio
29 | 03 | 2017
mod_vvisit_counterNº de visitas912175
Temos 5 convidados en liña

Programa: "Vivas e Visibles"

Subvencións

"Llega 800": TDT sen problemas de interferencias

 
Llega 800

As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, comezan a ofrecer en Sarria servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha "Llega800", entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Para garantir a compatibilidade.

Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800 MHz e a recepción do servizo de TDT.
Para garantir esta compatibilidade, Llega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por unha banda, unha actuación previa, grazas á cal os cidadáns que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do seu edificio para evitar posibles incidencias.
E, por outro, un procedemento correctivo, tras o aceso das estacións, polo que Llega800 encargarase de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen custo algún.

Para xestionar estes servizos, púxose a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega800.es.

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Coa chegada do novo 4G a Sarria continua o proceso de implantación que se está realizando de forma paulatina por toda a xeografía nacional desde o pasado mes de xullo e que culminará en marzo de 2018, data prevista para o despregamento total da tecnoloxía. O despregamento 4G enmárcase nos establecido no Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, con data 1 de abril de 2015 no que se procedeu á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canles 61 ao 69 de UHF) que até entón se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura

  • Coa rede 4G abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.
  • Esta rede avanzada de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira vantaxe consiste en que liquida moitos problemas relacionados con orografías complicadas onde tradicionalmente fallaba a cobertura.
  • A nova xeración da tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videollamada, entre outros.
  • Ademais, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800MHz mellorará o servizo en zonas interiores de edificios grazas a súa gran penetración, sendo a banda que permitirá estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.

 

Tríptico Llega 800

Infografía Llega 800

Llega 800

Concello de Sarria

 

 
Cartel


Centro de referencia de antiguïdades e restauración

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio