Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Exposición ”Ultreia, Bo Camiño”
17 | 08 | 2017
Exposición ”Ultreia, Bo Camiño”

 
Proxecto expositivo

Unha visión de artistas galegos contemporaneos sobre o Camiño de Santiago. O sabado 10 de setembro as 13:00 horas inaugurarase a exposición na Antiga Prisión de Sarria. Esperamos contar coa vosa asistencia.

Esta mostra presenta obras (esculturas, instalaciones, fotografia, oleos) que pertencen a producción dos artistas galegos, e que eles mesmos elixiron para representar a idea que cada un deles ten do Camiño de Santiago.

Teremos polo tanto a oportunidade de poder reflexionar sobre que´é o Camiño, a través da visión de máis de 30 artistas galegos, con numerosa presencia de artistas de Sarria, que acompañan as súas obras con textos explicativos sobre esta reflexión. O resultado é unha exposición ecléctica non só en técnicas e estilos.

Alguns artistas escolleron obras onde se desenvolve a idea da natureza como eje do Camiño, outros artistas representanse coa idea más moderna do Camiñó como a flecha creada por Elias Valiña, cura do Cebreiro; tamén os peregrinos están presentes en distintos estilos clásicos ou contemporaneos; paisaxes espirituales ou estacions de ida e volta que nos levan ao camiño, on outros dos temas representados.

O contenedor cultural que acollerá esta exposición ata o 30 e outubro, adquire espacial protagonismo . A antiga prisión de Sarria en pleno Camiño de Santiago, preto do mosteiro da Merced, fundado no seculo XIII para a peregrinación a Santiago de Compostela. O titulo da mostra fai referencia os saludos dos peregrinos desde a epoca Medival: Ultreia, ata o máis recente; Bo Camiño.

Contido e espazo cultural unidos pola idea universal que representa o Camiño de Santiago, que como poderemos ver nesta mostra ten numerosas interepretacions.

 

 

Programa Exposición ”Ultreia, Bo Camiño”

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio