Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Campaña Sarria en negro. 25 de novembro
23 | 02 | 2017
Campaña Sarria en negro. 25 de novembro

 
Campaña Sarria en negro

Sarria confirma o seu compromiso contra a violencia de xénero! Xa somos 170 A unión acadada con esta iniciativa (2650 nos 17 concellos que participan) supón un paso firme cara á visibilización dunha problemática social que non nos pode deixar inertes.

Afrontemos o problema dende o sentimento de responsabilidade, como membros dunha sociedade na que todo nos afecta. Esta campaña contribúe a remover conciencias sobre as consecuencias da violencia de xénero. Neste sentido, xa demos un paso adiante ao recoñecer aos/ás menores como auténticas vítimas. Tamén informa sobre os recursos existentes. Pero, o máis importante é asumir que a solución real e permanente está en cada un de nós, como axentes de socialización: nos nosos comportamentos, actitudes, na educación. Desterremos os mitos e canons vixentes de feminidade e masculinidade, os roles predeterminados. Poñamos o acento na identidade persoal, naquela que nos fai persoas únicas e irrepetibles; na capacidade de cambiar todo aquelo que non nos fai mellores. Apostemos por unha sociedade igualitaria e creémola cada día!

25 de novembro día internacional contra a violencia de xénero. Alcemos a nosa voz fronte ás condutas machistas: SEMPRE libre e viva!

Campaña Sarria en negro

 

 

Centro de Información á Muller

Delegación de Cultura e Igualdade

 

 

 
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio