Galician English French German Spanish
Inicio Concello CIM Actividades Recoñecemento da Experiencia Profesional
25 | 09 | 2017
Recoñecemento da Experiencia Profesional

 
Centro de Información á Muller

Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

No DOG do 19/01/2017 convocouse, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. Un total de 2.015 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 536 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 356 prazas.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 108 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 438 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD0340_2): 207 prazas.
  • Tanotopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA595_2): 70 prazas.

Para as cualificacións de atención sociosanitaria a persoas dependentes, Servizos para o control de pragas, Socorrismo en instalacións acuáticas,  o procedemento realizarase en dous períodos:

  • O primeiro para aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 29 de decembro de 2015.
  • O segundo período para todas aquelas persoas que non se atopen nestas listas definitivas de persoas en lista de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria.

Accederán directamente ao procedemento as persoas que quedaron en listas definitivas de persoas en lista de espera, na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 29 de decembro de 2015 nas cualificacións profesionais de Socorrismo en espazos acuáticos naturais e de Tanatopraxia.

As persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera indicadas anteriormente:

  • Non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación.
  • A partir do día 20 de xaneiro de 2017, a través da páxina web da consellería, no seguinte enderezo: http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.
  • No momento de iniciar o asesoramento, terán que formalizar o pagamento das taxas, segundo se indica no artigo 16 desta orde e poderán actualizar a súa experiencia laboral e formación.

Estas listas definitivas de persoas en lista de espera están dispoñibles para a súa consulta na páxina web da consellería, no seguinte enderezo web: http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional

Todas aquelas persoas que non estean nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria deberán cumprir os requisitos que se sinalan nas bases desta convocatoria.

Prazos de inscrición no procedemento:

  1. O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2), Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2), Servizos para o control de pragas (SEA028_2), Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3), Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2), Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2), Tanatopraxia (SAN491_3) e Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2) será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 20/01/2017-20/02/2017.
  2. O prazo de inscrición para as unidades de competencia da cualificación profesional de Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural (SEA 595_2) iniciarase o día 1 de marzo e finalizará o 31 de marzo de 2017.

Anuncio DOGA

Máis información no Servizo de Información, Orientación e Prospeción de Emprego do CIM.

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio