Galician English French German Spanish
Inicio
23 | 02 | 2017
Novos cursos na Aula CeMIT

 
Apertura Aula CeMIT

 

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta deGalicia, Rede CeMIT, do Concello de Sarria volve abrir as súas portas o martes 14 de febreiro.

A programación en materia formativa da aula comezará con dous cursos de iniciación á informática, un deles dirixido a persoas maiores de 55 anos, os martes, mércores e xoves de 9:30 a 11:10h; desde o 28 de febreiro ata o 11 de abril.

Outro dirixido a persoas menores de 55 anos os luns, xoves e venres en horario de 17:00 a 18:40h; desde o 27 de febreiro ata o 10 de abril.

O prazo para anotarse aos cursos comeza o venres 17 de febreiro, ás 15:00 h.

 

Horario febreiro

Horario marzo

O horario de aula aberta, para o uso libre dos equipos, repaso e resolución de dúbidas das usuarias e usuarios, será de luns a venres de 15:00 a 17:00 h e ademáis, os martes, mércores e xoves de 11:10 a 13:00h. Mentres non comecen os cursos o 27 de febreiro, esas horas tamén serán de aula aberta.


 

CeMIT

 

 

Centro Multimedia de Galicia

 

 

 

 

 
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio