Galician English French German Spanish
Inicio
29 | 03 | 2017
Bases do XVII Fiz Vergara Vilariño

 
XVII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

O Concello de Sarria e a Agrupación Cultura Ergueitos convocan o XVII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.

  1. As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega.
  2. A Extensión mínima será de 500 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
  3. Os traballos presentaranse por cuadruplicado, mecanografados a dous espazos e baixo plica. Enviaranse por correo certificado a: XVII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO, Concello de Sarria, Rúa Maior 14, 27600 Sarria, até o 31 de maio de 2017.
  4. Estableceuse un único premio indivisíbel dotado con 6000 euros, suxeito á normativa fiscal vixente. O Xuri poderá deixar deserto o premio se considera que as obras presentadas non acadan unha mínima calidade.
  5. O xuri estará composto por persoas de prestixio no mundo da creación ou a crítica literaria. Actuarán como Secretaria a Presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos e como Presidenta a Concelleira de Cultura de Sarria, os dous con voz e sen voto. A decisión do xuri será inapelábel e será dada a coñecer antes do 30 de setembro de 2017.
  6. A obra premiada será propiedade do seu autor, agás a primeria edición que será publicada pola Editorial Espiral Maior. En posteriores edicións farase constar a condición de premiada no XVII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.
  7. Os orixinais non premiados non serán devoltos e serán destruidos. Non se manterá correspondencia cos autores e autoras.
  8. A interpretación destas bases correspondelle ao xuri. A participación no certame implica a súa aceptación.

Bases do XVII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Presentación 17 edición do premio de poesía Fiz Vergara Vilariño

 

 

A.C. Ergueitos

Concello de Sarria

 

 

 
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio