Galician English French German Spanish
Inicio
24 | 06 | 2017
Bases XXII Feira de San Lázaro

 

Centro de referencia de antigüidades e restauración

O Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración do Concello de Sarria este ano retoma a organización da VI Feira de Antigüidades da Eurorrexión - XXII Feira de San Lázaro, desenvolvida no marco da candidatura presentada á segunda convocatoria do Programa INTERREG V A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

  • Datas: Sábado 1 de abril e domingo 2 de Abril de 2017.
  • Horarios: Horario continuado de 11:00 a 20:00 horas.

Inscrición

As solicitudes realizáranse segundo o modelo que se une a estas bases e poderanse presentar de forma presencial no Rexistro de entrada de documentos do Concello de Sarria de luns a venres en horario de 9:00h a 14:h; por correo postal á dirección do Concello de Sarria ou por correo electrónico á seguinte dirección: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo antes do 20 de marzo de 2017.

A documentación a presentar será a que se detalla a continuación:

  1. Anexo I
  2. Fotocopia do DNI ou Pasaporte, en caso de estranxeiros.
  3. Xustificante de alta na Axencia Tributaria.
  4. Xustificante de alta de Autónomo na Seguridade Social
  5. No caso de produtos alimenticios, estar en posesión do carné de manipulador de alimentos
  6. Fotocopia de permiso de residencia e traballo, para estranxeiros.

Anexo I. Ficha de Inscrición VI Feira de Antigüidades da Eurorrexión - XXII Feira de San Lázaro

 


Todos os expositores polo mero feito da súa inscrición aceptan as presentes normas de participación, así como calquera nova disposición adoptada pola organización que se reserva o dereito de comunicala, en caso de necesidade, de forma verbal.

  1. Os expositores que realicen venda deberán cumprir os seguintes requisitos de conformidade co disposto nos artigos 70, 71 e 72 da lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.
  2. Debido ao carácter Eurorrexional do evento, os expositores que proceda doutros países, ou de Comunidades Autónomas diferentes a Comunidade Autónoma de Galicia, deberán de cumprir os requisitos esixidos para a mesma actividade dentro do seu territorio.
  3. Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e, no seu caso, no imposto de actividades económicas.
  4. Cumprir os requisitos esixidos das regulamentacións de cada tipo de produtos.
  5. Estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de recibir formación en materia de manipulación de alimentos.
  6. No caso de persoas estranxeiras, dispor dos permisos de residencia e traballo que, en cada caso, fosen exixibles.
  7. As persoas xurídicas deberán acreditar o CIF, acta de constitución, estatutos e escritura e poder outorgada á persoa que asina a solicitude de autorización en representación da empresa.
  8. Os expositores deberán de facilitar á organización os seguintes datos mediante o Anexo I: Nome ou razón social, persoa de contacto, enderezo postal, teléfono, correo electrónico.
  9. A vixilancia nocturna corre á cargo dos expositores, e a xestión farana os anticuarios de Sarria (indicaráselles o custo do servizo por expositor e xornada durante o evento).
  10. O aloxamento, as comidas e os desprazamentos correrán por conta dos expositores.


  1. A localización e distribución dos espazos solicitados polos expositores compete, única e exclusivamente á organización da feira.
  2. Os espazos expositivos deberán ser aproveitados na súa totalidade, e a súa distribución deberá ser o máis estética posible para dar unha boa imaxe da feira.
  3. A organización da feira resérvase o dereito a modificar en calquera momento por motivos técnicos ou de seguridade, a distribución e forma dos espazos de exposición.
  4. A montaxe das casetas deberá estar finalizado o antes do inicio da feira (11.00h do día 2 de abril de 2017) e o desmonte deberase de realizar unha vez que finalice a feira (a partir das 20:00h do día 3 de abril de 2017).
  5. Os expositores deberán de avisar, por correo electrónico ou ven por teléfono a hora aproximada na que van a empezar a montaxe do stand.
  6. Os stands terán que estar abertos e atendidos de forma continuada durante o horario de feira.


Tódolos obxectos e pezas expostos deberán de ter unha antigüidade mínima de 50 anos, no caso de non cumprir isto, deberase indicar nun lugar visible que estes obxectos son Vintage.
As pezas e obxectos non deben de ser réplicas, no caso de expoñer algunha réplica, esta deberá estar debidamente identificada.

Localización: Rúa do Porvir, coñecida tamén como a rúa dos anticuarios (por atoparse a maioría dás tendas de antigüidades) e Rúa Marqués de Ugena.

Recinto IV FEIRA DE ANTIGÜIDADES DA EURORREXIÓN - XX FEIRA DE SAN LÁZARO

 

 

 

A sede do CRAR está situada no casco histórico, nas dependencias do antigo Cárcere Comarcal, en pleno Camiño de Santiago e a 300 m das dependencias do Concello.

Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración
Avda. da Mercé, 8  27600 Sarria (Lugo)

correo electrónico:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

web:

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio