Galician English French German Spanish
Inicio
29 | 05 | 2017
Sarria Fashion Night – Noite Aberta

 
Noite Aberta

 

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES)-CCU, organiza por terceiro ano consecutivo a “Sarria Fashion Night” na vila de Sarria (Lugo), coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello de Sarria.

O venres día 7 e sábado día 8 de abril a vila de Sarria acolle dezanove desfiles en tendas do Centro Comercial Urbano de Sarria (ACES). “SARRIA FASHION NIGHT – Noite Aberta” será unha xornada de portas abertas, onde o comercio de Sarria amosará as súas coleccións de primavera-verán, así como as tendencias en perruquería e outros sectores.

Este ano a #SFN trae premio, sortease unha estadía de fin de semana para dúas persoas en Oporto (hotel 4*, programa Spa, cruceiro polo Douro, visita ás adegas, … As compras nos 28 comercios participantes ata o sábado día 8 ás 14:00 horas teñen premio.

Os vinteoito establecementos participantes neste evento son: “Artelis Peluquería, Cactus Rose, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Colorín Colorado, Cris Abad, D´Ari, Danton, Duet Moda, Federópticos Adrián Salgado, Isabel Moda, Joyería Salgado, Kaxa Estilista, Lar de Menchu, Mercería Lucía, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Olver´s, Óptica Malecón, Peluquería Enredos, Peluquería Estilo, Qué bonito!, Santamarta, Senayo, Slow Dream, Ultreia e Vilamey Complementos”.

Os comercios permanecerán abertos ata as 23:00 horas o venres e o sábado, para facilitar as compras aos seus clientes. Ademáis ofrecerán un un petisco para acompañar esas compras.

O horario dos desfiles será:

-    VENRES:

  • 18:00 h.: Colorín Colorado,
  • 18:30 h.: Vilamey,
  • 19:00 h.: Óptica Malecón en Santamarta,
  • 19:30 h.: Senayo,
  • 20:15 h.: Calzados Gayoso,
  • 20:50 h.: Federópticos Adrián Salgado e Xoiería Salgado,
  • 21:30 h.: Mercería Lucía con Lar de Menchu,
  • 22:00 h.: Calzados Chabel,
  • 22:30 h.: Moncho Moda, e
  • 23:15 h.: Duet Moda.


-    SÁBADO:

  • 18:30 h.: Calzados Veiga,
  • 19:10 h.: Qué Bonito!,
  • 19:45 h.: Olver´s,
  • 20:15 h.: Cactus Rose,
  • 20:50 h.: Mercería Sarillo,
  • 21:15 h.: Ultreia con Danton (en Ultreia),
  • 22:00 h.: Cris Abad, e
  • 22:35 h.: Slow Dream, e
  • 23:15 h.: Isabel Moda.

 

 

Centro Comercial Urbano Sarria -ACES

 

Organiza:

Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (Aces)

Colabora:

Xunta de Galicia

Concello de Sarria

 

 
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio