Galician English French German Spanish
Inicio
21 | 08 | 2017
mod_vvisit_counterNº de visitas978243
Temos 59 convidados en liña

Acéñate

"Quérote falar!" maio, mes da lingua

 
"Quérote falar" maio, mes da lingua

QUÉROTE FALAR!“ é o lema que engloba as actividades que a área de Cultura, Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Sarria desenvolverá ao longo de todo maio, o mes da lingua galega.

Esta proposta busca por en valor, de xeito positivo e lúdico, o emprego do galego na infancia, motor indispensable para a pervivencia da lingua. Así, boa parte das iniciativas deste mes están destinadas ao público infantil e mozo.

Precisamente os nenos e nenas son os destinatarios da exposición que hoxe se inaugura no CEIP Frei Luis de Granada que, co título “O GALEGO TAMÉN NOUTROS MUNDOS”, fai un percorrido histórico e xeográfico polo emprego da lingua e a cultura galega en distintos países e ámbitos, desde o recoñecemento universal das Cantigas medievais, ata o emprego da nosa lingua por poetas como García Lorca, o éxito mundial da música galega ou o valor engadido da lingua no eido da publicidade e do márketing. A mostra circulará polos centros educativos de Sarria durante os meses de maio e xuño.

Ademais, os centros públicos e privados de Infantil e Primaria do concello gozarán dun concerto musical, a cargo do cantante Magín Blanco. Os IES da vila terán a actuación poética e musical de María Lado e Lucía Aldao, co espectáculo “MOITA POESÍA POUCA DIVERSIÓN” que reflexiona sobre o uso e a promoción da lingua galega.

 

Fóra do ámbito escolar, o mes da lingua conta con numerosas propostas culturais, entre as que destacan:

Odaiko + Banda de música de Sarria. Vaia Banda.

14 maio | 20h. Praza da Vila.

Carlos Blanco. Os mellores monólogos.

16 maio | 20:30h. Praza da Vila.

Festival poético-musical e teatral organizado pola Asociación Sarricanta.

17 maio | 20h. Casa da Cultura.

Paco Nogueiras. Brinca Vai! 2.0.

20 maio | 18:30h. Casa da Cultura.

Os sete magníficos +1. A Galiña Azul.

21 maio | 18:30h. Casa da Cultura.

 

 

Programa actividades Quérote Falar!

Presentación marca GALEGOZA da Consellería de Cultura Concello de Sarria 17 maio | 17h. Paseo do Malecón. Festa Infantil GALEGOZA 17 de maio | 17:30h. Paseo do Malecón.

 

 

 

Delegación de Cultura e Igualdade do Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel


Centro de referencia de antiguïdades e restauración

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio