Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura VIII edición do Festival "Artes no Camiño"
21 | 08 | 2017
VIII edición do "Festival Artes no Camiño"

 
VIII Festival Artes no Camiño

Encontro Musical con outras Artes arredor do Camiño de Santiago. Nesta nova edición continúase apostando polas 3 liñas de actividades que conformaron as edicións anteriores do festival: artística, educativa e social. Buscando a presenza nos diferentes concellos que conforman o Camiño Francés para que o proxecto volva a ter a dimensión alcanzada en anteriores edicións.

 

A esencia do Festival é a procura da convivencia a través dun encontro entre profesionais das artes e xentes da vila que se convirta nun espazo común onde compartir experiencias artísticas, destacando nesta edición a música, a danza, o teatro e a fotografía.


As datas nas que terá lugar esta edición serán do 24 de xullo ao 11 de agosto. O luns 24 inagurarase o Festival cun concerto no Mosteiro de Samos.

 

O Festival conta co patrocinio do Concello de Sarria e da Asociación Caritativa Mª Cristina Méndez Sangil, e coa colaboración de Torre de Núñez, Fontecelta e Imprenta Galicia 1932.

 

 

Programación VIII edición do "Festival Artes no Camiño"

 

 

 

Organiza:

Asociación Arsactus

Patrocina:

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio