Galician English French German Spanish
Inicio Concello Deporte Adxudicación das prazas das Escolas Deportivas
11 | 12 | 2017
Adxudicación das prazas das Escolas Deportivas

 

A formalización da matrícula realizarase entre os días 5 e 13 de outubro, presencialmente nas Oficinas municipais en horario de 09:00 13:00 horas, cumprimentando o modelo normalizado de inscrición.

O pago da actividade deberá efectuarse mediante ingreso directo na conta de ABANCA nº ES1120800143313110000063.  Se a persoa adxudicataria da praza non realiza a inscrición e pago no prazo establecido perderá o dereito á mesma, xestionándose a praza de conformidade co disposto a continuación para as listas de espera.

No caso de non poder contactar coa persoa darase de baixa na lista de espera nos seguintes supostos:

  • Ao non recibir resposta durante 24 horas tras deixar mensaxe no buzón de voz ou correo electrónico.
  • Ao non poder contactar coa persoa tras realizar tres intentos a distintas horas no prazo de 24 horas, se o interesado non dispón de buzón de voz nin correo electrónico.
  • O empregado público que realice o chamamento fará constar a circunstancia concorrente mediante dilixencia.

Esgotada a lista de reserva, as vacantes que se produzan cubriranse a medida que se reciban novas solicitudes .
As persoas que se incorporen a un obradoiro de pago unha vez iniciado este, abonarán a cota íntegra.
O prazo de chamada, inscrición e ingreso das cotas para as listas de espera será do 17 ao 31 de outubro. Contactarase cos interesados presentes na lista de espera mediante chamada telefónica e/ou correo electrónico.

Non haberá límite de solicitudes pero despois do sorteo soamente poderase formalizar a matrícula de dúas actividades máximo.

Escolas Deportivas Municipais 2017/18

 

 

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio