Galician English French German Spanish
Inicio
14 | 12 | 2017
Programa "Vivendas no Camiño"

 
Programa "Vivendas no Camiño"

Programa de fomento da rexeneración e renovación urbanas. Plan Estatal 2013-2016.

ORDE do 22 de decembro de 2015 pola que se abre o prazo para solicitar a participación para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito da área de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago, no marco do programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e se establecen as bases reguladoras das subvencións deste programa. (DOG 28/12/2015)

Ámbito da ARI

A delimitación da ARI comprende o trazado das setes rutas do Camiño en Galicia:

  • Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro ata Santiago de Compostela
  • Da Prata: Dende A Mezquita ou Verín ata Santiago de Compostela
  • Inglés. Dende Ferrol ou A Coruña, xuntándose en Mesía ata Santiago de Compostela
  • Primitivo. Dende A Fonsagrada ata Melide que conecta co Camiño Francés
  • Norte. Dende Ribadeo ata Arzúa que conecta co Camiño Francés
  • Fisterra- Muxía. Dende Santiago de Compostela ata Fisterra con desvío Muxía
  • Portugués. Dende Tui a Santiago de Compostela

Particularidades do ámbito:

Non se inclúen as vivendas que figuren dentro dos ámbitos doutra ARI xa declarada.
Nos concellos rurais as axudas son aplicables na totalidade da parroquia (excepto no indicado no punto seguinte)

Nas conexións coas cidades e vila limitarase o ámbito exclusivamente ao trazado do camino.

Persoas beneficiarias:

  • Persoas propietarias únicas de edificios ou de vivendas.
  • Comunidades de propietarios/as de vivendas
  • Agrupacións de comunidades de propietarios/as de vivendas

Sempre que: non incorran nas prohibicións para ser beneficiario dunha subvención establecidas do artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Actuacións protexibles:

Consideraranse actuacións protexibles a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en vivendas, edificios de vivendas, e vivendas unifamiliares a fin adecualas á normativa vixente.

 

 

 

 

 

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio