Galician English French German Spanish
Inicio
12 | 12 | 2017
Bando: Circulación de bicicletas

 
Concello de Sarria

Dona María del Pilar López Yáñez, Alcaldesa – Presidenta do Concello de Sarria, Provincia de Lugo.

FAGO SABER

Ponse en coñecemento de tódolos usuarios que a Rúa Maior (Camiño de Santiago), está considerada zona peonil en todo o tramo por estar sinalizada dende fai máis de 10 anos co sinal R-101(entrada prohibida a toda clase de vehículos excepto residentes a garaxe e vehículos de emerxencia), polo que a circulación de bicicletas está tamén prohibida, aspecto recollido no Regulamento Xeral de Circulación.

Por parte do Concello de Sarria levouse a cabo a sinalización con pictogramas na calzada da ruta alternativa por onde está permitida a circulación de bicicletas, mantendo sempre unha proximidade ao Camiño de Santiago, non desvirtuando nin modificando en ningún momento a ruta, senón todo o contrario, para facilitar que os peregrinos que pasan polo noso pobo en bicicleta non teñan confusión por onde discorre o Camiño de Santiago, e non se perdan pola Vila abandonando o lugar sen visitar as contornas do mesmo, tratando así de impulsar o turismo no noso Concello.

Agradecendo de antemán a súa colaboración para dar cumprimento ó disposto na normativa vixente, espero contar coa boa disposición de tódlolos sectores implicados, quedando á súa disposición para a aclaración de calquera dúbida.

 

 

Bando: Circulación de bicicletas

 

 

O que se fai público para coñecemento xeral.

A ALCALDESA – PRESIDENTA

Asdo.: María del Pilar López Yáñez

Concello de Sarria

 

O que se fai público para coñecemento xeral.

Sarria, a 02 de febreiro de 2016

A ALCALDESA – PRESIDENTA

Asdo.: María del Pilar López Yáñez

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio