Galician English French German Spanish
Inicio
20 | 02 | 2018
Bases do XVIII Fiz Vergara Vilariño

 
XVIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

O Concello de Sarria e a Agrupación Cultura Ergueitos convocan o XVIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.

  1. As obras presentadas deben estar escritas en lingua galega. A escolla ortográfica de cada obra presentada non será obxecto de valoración por parte do xuri.
  2. A Extensión mínima será de 500 versos. Os orixinais deberán ser inéditos e non premiados en ningún outro certame.
  3. OOs traballos presentaranse por cuadriplicado en exemplares separados, grampados ou encadernados, en tamaño DIN A4 escritos por unha soa cara. Acompañaranse dun sobre pechado no que conste o título ou lema da obra no exterior, contendo no interior o nome e apelidos da autora ou autor, fotocopia do documento de identidade, enderezo, teléfono e correo electrónico. Enviaranse por correo certificado a: XVII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO, Concello de Sárria, rúa Maior 14, 27600 Sárria. O prazo para a súa presentación será dende o dia seguinte a publicacion no BOP de Lugo até o 21 de marzo de 2018.
  4. Estableceuse un único premio indivisíbel dotado con 6000 euros, suxeito á normativa fiscal vixente. O Xuri poderá deixar deserto o premio se considera que as obras presentadas non acadan unha mínima calidade.
  5. O xuri estará composto por persoas de prestixio no mundo da creación ou a crítica literaria. Actuarán como Secretaria a Presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos e como Presidenta a Concelleira de Cultura de Sarria, as dúas con voz e sen voto. A decisión do xuri será inapelábel e será dada a coñecer antes do 30 de xuño de 2018.
  6. A obra premiada será propiedade do seu autor o autora, agás a primeria edición que será publicada pola Editorial Espiral Maior. En posteriores edicións farase constar a condición de premiada no XVIII Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.
  7. Os orixinais non premiados non serán devoltos e serán destruídos. Logo de feito público o ditame a organización poderá abrir as plicas das obras non premiadas para promocionar as seguintes edicións do premio, agás indicación do contrario no exterior do sobre. Non se manterá correspondencia cos autores e autoras.
  8. A interpretación destas bases correspondelle ao xuri. A participación no certame implica a súa aceptación.

 

Bases do XVIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

 

 

 

A.C. Ergueitos

Concello de Sarria

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio