Galician English French German Spanish
Inicio Concello Cultura Teatro: "O Blus de Haroldo Barrenillo"
19 | 04 | 2018
Teatro: "O Blus de Haroldo Barrenillo"

 
Rebuldeira Teatro

  • Día: 24 de marzo 2018
  • Hora: 20:30h.
  • Lugar: Casa da Cultura.

 

Asociación Cultural Charamela poñerá en escena:

O Blús de Haroldo Barrenillo

Escrita por Manuel Cao e dirixida por  Mary Gómez Neira. O elenco de actores está integrado por Manuel Pumar  Coego ( Haroldo  Barrenillo), Óscar Conde  Torreiro (Cabo  Venavides),  Chu Iglesias Sánchez (Anastasia), Lourdes Piñeiro Torres (Rosa),  Mary Gómez Neira (Margarita), Adolfo  Torreiro Varela (Don  Crisóstomo) e Marisol Freire Branco (Felisa).

A obra teatral, unha comedia de enredo duns 75 minutos de duración, narra a historia do cabo  Venavides e a súa esposa Anastasia, que teñen dúas fillas, unha das cales é mala de casar porque non é moi agraciada. Con todo, un día conseguen enredar a  Haroldo  Barrenillo, un vendedor de alfombras, para que case con ela. A situación que propicia este feito provoca que esta montaxe escénica estea repleta de escenas  hilarantes e con diversión asegurada.

 

 

Organiza:

Rebuldeira Teatro

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio