Galician English French German Spanish
Inicio Concello Urbanismo Oficina de Rehabillitación Reforma da Escola de Música Municipal
21 | 07 | 2017
Reforma da Escola de Música Municipal

 

As obras obxecto do proxecto "Reforma da Escola de Música Municipal" situada na C/ Pedro Saco s/n, estan enmarcadas , en virtude do RDL 13/2009, no capitulo de Sustentabilidade Social, por canto contribúen á mellora das instalacións dun edificio público de titularidade municipal, no cal esta instalada a Escola de Música Municipal e serve para ensaios da Banda de Música Municipal, por iso a súa dobre faceta educativa e cultural.

As obras que se proxectan, buscan a reforma tanto interior como das fachadas da actual Escola de Música, dotándoa de todos os servizos necesarios. A súa execución dotase á escola de sistemas profesionais a nivel de illamento acústico eliminando o problema de ruídos coas edificacións veciñas.

A reforma cambia totalmente as plantas de acceso e -1.

As instalacións déixanse previstas para a futura reforma da planta segunda.

O sistema de fachada permite a conexión futura coa Casa da Cultura.

O proxecto foi acordado cos usuarios da escola. Coa nova distribución amplíanse e optimizan todos os locais de ensaio.

A solución abre totalmente a escola á zona verde deste espazo cultural cambiando os locais de ensaio de lado o cal elimina os problemas de ruídos.

Búscase unha intervención sinxela pero con clara vocación contemporánea de acordo ao uso do conxunto.

Estado Previo - Estado Reformado

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio