|
Mellora mobilidade urbana e seguridade vial, rúa Marques de Ugena |
|

O obxecto do proxecto é o de mellorar a mobilidade urbana e a accesibilidade neste espazo de carácter público, á vez que esta intervención mellora o contorno dun importante tramo urbano do Camiño de Santiago, tramo que enlaza unha estrada co casco Histórico de Sarria a través da gran escalinata da Rúa Maior e acabando a peonalización da Rúa Maior, así como a mellorar os servizos de abastecemento e saneamento do final da rúa Marques de Ugena.
MELLORAS DE INSTALACIÓNS
- Conexión de novo abastecemento ata o final da rúa maior. Substitución de instalación existente de ferro.
- Mellora de drenaxe de pluviais da rúa.
- Revisión do estado da rede de fecais.
- Mellora de iluminación existente.
PEATONALIZACIÓN A proposta fai peatonal o final da rúa Marques de Ugena, permitindo o acceso de vehículos aos garaxes respectivos.
Prolóngase o pavimento de granito colocado na rúa maior ata a estrada de Monforte. Proxéctase unha praza arbolada na perpendicular co acceso á escalinata maior. Como detalle ornamental todas as árbores ilumínanse desde a súa base seguindo o deseño de iluminación ornamental do malecón.
Plano Escalinata Maior
Estado Previo - Estado Reformado
|