|
Campaña de reciclaxe de móbiles |
|
|
|
|

O Concello de Sarria sumouse á campaña Mobilízate pola selva, do Instituto Jane Goodall (IJG), que conta en Galicia coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e a Obra Social de Caixa Galicia, e que consiste na recompilación de móbiles para a súa reciclaxe co fin de protexer os ecosistemas africanos.
Os veciños que queiran participar nesta iniciativa poden depositar o seu móbil en desuso (en funcionamento ou non) nos puntos de recollida habilitados polo concello, situados en:
- Dependencias Municipales: Rúa Maior Nº 14.
- Biblioteca y Casa de la Cultura: Rúa Marqués de Ugena S/N.
- Colexio Frey luis de granada, Plaza de galicia S/N.
- Colexio Ntra. Sra. de la Asunción, Avenida da Asunción nº 34.
- Colexio La Merced, Avenida de la Merced Nº 58.
- Colexio Antonio Fernández, Rúa Os Colexios s/n (oural)
- Centro de Salud de Sarria, Rúa Calvo Sotelo nº 136.
- I.E.S. Gregorio fernández, Rúa castelao s/n.
- I.E.S. Xograr Afonso Gómez, Rúa Ánxel Fole S/n.
O teléfono deberase entregar coa batería pero sen o cargador, sen a tarxeta SIM e ningún outro elemento, entre os días 3 de maio e 3 de agosto, durante os que se desenvolve a campaña neste concello.
Na actualidade, a taxa de reciclaxe de móbiles é inferior ao 5% e, por outra banda, tan só en España existen máis de 52 millóns de liñas telefónicas. A este número hai que engadir todos aqueles aparatos que se cambian e que os cidadáns gardan ou tiran ao lixo. Toda esta cantidade de teléfonos, xunto con outras tecnoloxías como os ordenadores ou as consolas, fabrícanse con coltán. Este é un mineral que se extrae na República Democrática do Congo con man de obra semiescravizada onde, ademais, se destrúen os hábitats de moitas especies africanas tales como os chimpancés e os gorilas.
A reciclaxe de móbiles axuda a reducir a demanda dos seus compoñentes, entre eles o coltán, e a tratar adecuadamente os materiais tóxicos evitando así a degradación do medio ambiente. Móvilbank, a entidade que trata a reciclaxe dos móbiles, aportara unha parte do valor dos terminais ao Instituto Jane Goodall; polo que esta iniciativa axuda a recadar fondos para os programas de educación e de conservación no Congo.
Mobilízate pola selva é unha campaña que se está a desenvolver por distintos puntos de toda Galicia (concellos, centros educativos, entidades bancarias,...) e que se puxo en marcha no pasado mes de setembro tras a sinatura dun convenio de colaboración entre CEIDA e o Instituto Jane Goodall. O IJG fundouse en 1977 pola afamada primatóloga e naturista inglesa Jane Goodall, que visitou Galicia o pasado mes de maio. O IJG, implantado en trinta países do mundo, leva a cabo diferentes programas de investigación e conservación en África, destacando o Parque Nacional de Gombe en Tanzania, o Centro de Recuperación e Reserva de Tchimpounga (República do Congo), o santuario de Ngamba Island (Uganda) e outros en Guinea, Senegal, Gabón e Sudáfrica. O IJG implica á poboación local para desenvolver os seus proxectos.
Para máis información:
|
|