| Teatro: “A Ficción tamén atrapa” |
|
Grupo de teatro Zarabanda da Agrupación Cultural Galega Saudade. Unha familia utiliza, sen reparos, tódalas artimañas para subsistir. Ofrecen ilusión, venden fantasía e tratan de seducir co engado da música ós que se achegan á súa sala de festas. Inesperadamente alguén irrompe co tarot e xoga coa irrealidade onde o sonambulismo coroa a superstición. A convidada soubo artellar e ... os fantasmas e as sonámbulas bailaron, a familia desacougouse, e a trompeta acompañou o laio do desconcerto.
|
