English French German Spanish Galician
Inicio Novas Últimas noticias Proxecto Lugo-Pacto Provincial Polo Emprego
22 | 05 | 2013
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
  • Imágenes de Sarria
Proxecto Lugo-Pacto Provincial Polo Emprego

 
Pacto provincial   polo emprego

O prazo de inscrición remata o 30 de setembro. O día 28 as 09:00 h. inícianse as entrevistas nas dependencias municipais.

BASES DE SELECCIÓN DOS BENEFICIARIOS DO PROXECTO LUGO-PACTO PROVINCIAL POLO EMPREGO

Criterios de admisión:

Perfil A

Persoas desempregadas en xeral

Nivel formativo mínimo: Graduado Escolar ou Certificado de Escolaridade anterior a 1975

Estar empadroado nalgún Concello da provincia de Lugo, agás Lugo.

Perfil B

Persoas desempregadas con dificultades de inserción laboral:

  • Mozos con menos de 30 anos
  • Maiores de 45 anos
  • Persoas desempregadas de longa duración ( máis de un ano)
  • Inmigrantes
  • Persoas con discapacidade, sempre que a súa discapacidade non lle impida realizar as competencias propias da ocupación
  • Minorías étnicas
  • Outros colectivos en risco de exclusión social

Nivel formativo mínimo: Graduado Escolar ou Certificado de Escolaridade anterior a 1975

Estar empadroado nalgún Concello da provincia de Lugo, agás Lugo

Criterios de remuneración:

Os beneficiarios recibirán unha beca de asistencia por unha cantidade non superior ao 75% do IPREM. Esta beca será compatible coa percepción da prestación e subsidio por desemprego así como con outras axudas públicas para a mesma finalidade, se ben o conxunto das rendas percibidas polo beneficiario incluído o importe da beca, non poderá superar o 75% do IPREM.

Ademais, a contía reducirase na parte proporcional ás horas ás que non se asista á formación.

Certificado de asistencia: recibirán certificado de asistencia aqueles beneficiarios que cumpran os requisitos de asistencia

Lugar de presentación e prazo de solicitude: As fichas de inscrición estarán a disposición dos beneficiarios nas oficinas dos Axentes de Emprego dos concellos da provincia de Lugo, agás Lugo e no INLUDES, Ronda de Muralla, 140,27004 Lugo

Teléfono de contacto 982265334

Prazo: ata o 15 de setembro de 2010

A lista de beneficiarios seleccionados exporase no taboleiro de anuncios de cada Concello e no INLUDES

Documentación que aporta o beneficiario/a: orixinal ou fotocopia compulsada

  • Fotocopia de DNI
  • Fotocopia do INEM
  • Acreditación dos estudos oficiais rematados
  • En caso de familia numerosa, fotocopia do libro de familia
  • Certificado de empadroamento
  • No caso de precariedade económica, deberase acreditar tal situación
  • Certificado de minusvalía no seu caso

Perfil Cursos complementarios:

Cumprir os requisitos do perfil ao que pertenzan

Ter realizado previamente algún curso específico correspondente ao mesmo perfil neste proxecto

Ter realizado anteriormente algún curso cuxo programa formativo coincida co programa dos cursos específicos do mesmo perfil deste proxecto.

Posuír o certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia profesional.

ACCIÓNS FORMATIVAS PERFIL A:

Formación específica:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (600horas)
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (450 horas)

Formación complementaria:

  • Cuidador de discapacitados físicos e psíquicos (200 horas)
  • Atención especializada a enfermos de alzheimer (250 horas)
  • Técnico de transporte sanitario (385 horas)
  • Auxiliar de enfermería xeriátrica (300 horas)

ACCIÓNS FORMATIVAS PERFIL B:

Formación específica:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (600horas)
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (450 horas)
  • Servizos de restaurante (580 horas)
  • Operacións básicas de pisos e aloxamentos (380 horas)
  • Promoción turística local e información o visitante (690 horas)
  • Operacións auxiliares de fabricación (340 horas)
  • Aproveitamentos forestais (600 horas)

Formación específica:

  • Cuidador de discapacitados físicos e psíquicos (200 horas)
  • Atención especializada a enfermos de alzheimer (250 horas)
  • Técnico de transporte sanitario (385 horas)
  • Auxiliar de enfermería xeriátrica (300 horas
  • Animador sociocultural (300 horas)
  • Monitor de actividades de tempo libre infantil e xuvenil (275 horas)

As horas de cada curso incluen a formación teórica e as prácticas profesionais non laborables en empresas.

FORMACIÓN TRANSVERSAL:

  • Novas tecnoloxías da información e a comunicación
  • Igualdade de oportunidades
  • Sensibilización ambiental
  • Prevención de riscos laborais
  • Manipulador de alimentos

A duración desta formación dependerá do número de horas da parte teórica do curso específico ou complementario. Para aqueles cursos cunha duración superior a 150 horas, a formación transversal sería de 40 horas, e de 20 horas para os cursos con menos de 150 horas.

Ficha de inscrición cursos

Tríptico Pacto Provincial polo Emprego

 

  Compartir
Cartel