Galician English French German Spanish
24 | 03 | 2017
Programa Aluga

 

Programa Aluga

 

O Programa Aluga dirixido ao aluguer, busca a harmonización e complementariedade co resto dos programas en materia de vivenda, e substitúe ao Programa de vivenda en aluguer (PVA). Se configura como unha medida de marcado carácter social, coa dobre finalidade de:

 

  • Favorecer o mercado de aluguer de vivendas en Galicia , promovendo a incorporación de vivendas desocupadas de titularidade privada para o seu posterior arrendamento no marco do Programa Aluga.
  • Facilitar o acceso a unha vivenda ás unidades familiares ou de convivencia con niveis de ingresos comprendidos entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM , así como a determinados colectivos con ingresos inferiores a 0,7 veces o IPREM (mulleres vítimas de violencia de xénero; persoas dependentes ou con discapacidade e os familiares que os teñan ao seu cargo; emigrantes retornados; perceptores do RISGA; e, pensionistas).

    Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas

 

 

 


FUNCIONAMENTO

Funcionamento e características do Programa Aluga :

  • Os propietarios poñen a disposición do IGVS ás súas vivendas para o seu posterior arrendamento no marco do Programa Aluga, por un prezo non superior á renda taxada polo IGVS (segundo os criterios e límites establecidos nos artigos 10 e 11 do Decreto 84/2010), por un período mínimo de cinco anos, a contar desde a formalización do primeiro contrato de arrendamento no marco do programa, prorrogables.
  • O IGVS selecciona aos inquilinos entre os demandantes inscritos na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun sistema de selección aleatorio e automático e de acordo cos criterios de prioridade e preferencia fixados no Decreto 84/2010.
  • O contrato de arrendamento se formaliza entre o arrendador e o arrendatario , nun modelo tipo elaborado polo IGVS, en presenza do persoal do correspondente Centro de acompañamento e asesoramento do Programa Aluga. A duración do contrato de arrendamento será dun ano con prórrogas obrigatorias ata acadar unha duración de cinco anos, de conformidade co disposto na Lei de Arrendamentos Urbanos. As condicións básicas do contrato de arrendamento figuran no artigo 34 do Decreto 84/2010.
  • O inquilino poderá beneficiarse dunha subvención para o financiamento parcial da renda do aluguer , nunha porcentaxe que vai desde o 30% ata o 70%, segundo tramos de ingresos, incrementada en 10 puntos porcentuais cando se trate de mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • O IGVS administra e xestiona o pagamento e cobramento da renda : O inquilino ingresa a renda dentro dos dez primeiros días de cada mes nunha conta do IGVS (se non paga en dito prazo perde a subvención da mensualidade e deberá aboar o importe integro da renda), logo da tramitación das correspondentes subvencións para o financiamento parcial da renda, o IGVS procederá ao pagamento integro da renda ao titular da vivenda dentro da última quincena de cada mes, mediante transferencia bancaria.
  • En caso de impago da renda polo inquilino, a renda queda garantida durante un período de ata 12 mensualidades, mediante a subscrición pola arrendadora dun seguro de falta de pagamento de rendas coa entidade previamente seleccionada polo IGVS. A prima deste seguro será de conta da arrendadora, o seu importe descontarase do prezo da renda na mesma ou na mensualidade anterior ao seu pagamento.
  • Nos períodos de desocupación da vivenda por resolución do contrato de arrendamento, a percepción da renda queda garantida por un período de ata 4 mensualidades, a través do correspondente seguro de desocupacións contratado polo IGVS. A prima deste seguro será de conta do IGVS.
  • As vivendas contarán cun seguro multirrrisco do fogar contratado polo IGVS, para a cobertura de posibles avarías e desperfectos. A prima do seguro será de conta do IGVS.
  • O Programa aluga oferta aos arrendadores un programa de asistencia e defensa xurídica, para posibles reclamacións xudiciais relativas ao contrato de arrendamento.
  • O programa conta cun servizo de inspección técnica para a comprobación: das condicións de habitabilidade das vivendas antes da súa incorporación ao programa; de incidencias durante a relación arrendaticia; e do estado de conservación da vivenda no momento da desocupación.
  • Ademais, os titulares das vivendas -cando sexan persoas físicas-, logo da formalización do primeiro contrato de arrendamento, poderán acollerse aos seguintes tipos de axuda:
  • Subvencións de obras e actuacións de reforma nas vivendas , ata 3.000 € ou 5.000 €, segundo a antigüidade da vivenda (cando se trate de obras iniciadas ou executadas ao amparo do PVA, será aplicable a contía, ata o seu importe máximo, prevista na normativa reguladora do PVA; neste caso, tamén poderán ser beneficiarias deste tipo de axuda as persoas xurídicas).
  • Subvención de gastos derivados do aluguer , en contía equivalente ao 50% do IBI, ata un máximo de 100 € por vivenda e anualidade. Se conceden anualmente, ata un máximo de cinco anualidades.

REQUERIMENTOS



¿Qué vivendas se poden incorporar ao Programa Aluga? ..
As vivendas de titularidade privada, xa sexan de persoas físicas ou de persoas xurídicas, desocupadas que reúnan condicións de habitabilidade e estean situadas en concellos con demanda real de alugueiro. Ademais deben cumprir unha serie de condicións e características que se describen no artigo 9 e no artigo 13 do Decreto 84/2010.
O procedemento de incorporación se inicia por solicitude dos titulares das vivendas. Por resolución do director xeral do IGVS declararase a apertura do prazo para a presentación de solicitudes, dita resolución publicarase no DOG.

Réxime transitorio : Vivendas incorporadas ou en trámite procedentes do PVA:
  • Vivendas incorporadas desocupadas ou que aínda non formalizaron o primeiro contrato de arrendamento: teñen un prazo dun mes desde a publicación do Decreto para manifestar o seu compromiso de incorporarse ao Programa Aluga, logo iniciarase o procedemento desde a fase de proposta de incorporación. O Prazo finaliza o 2 de xullo.
  • Vivendas con contrato de arrendamento vixente na data de publicación do Decreto 84/2010: quedan incorporadas automaticamente ao Programa Aluga, se ben condicionada á formalización da posta a disposición. Recibirán unha proposta de mantemento da incorporación e se lles citará para a formalización da posta a disposición.
  • Vivendas en trámite de incorporación: Reiniciarase a súa tramitación na fase procedimental na que estiveran na data de publicación do Decreto 84/2010. Qué requisitos básicos deben reunir ás unidades familiares ou de convivencia para acceder ao Programa Aluga?:
  • Ter uns ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM (cando se trate de colectivos cualificados non será necesario acreditar dito límite mínimo).
  • Non ser titulares doutra vivenda.
  • Estar ao día nas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non ter débedas coa administración pública da Comunidade Autónoma.
  • Residir ou desenvolver a súa actividade en Galicia.
  • Non ser perceptor de axudas públicas de programas autonómicos de fomento do aluguer.
  • Estar inscritas ou anotadas na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.
  • Unha vez inscritas ou anotadas na Sección 4ª poderán participar nos procedementos de selección de inquilinos e adxudicación de vivendas incorporadas ao Programa Aluga.
Solicitudes de inscrición na Sección 4ª do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia: A partir do 2 de agosto de 2010 data da entrada en vigor do Decreto 84/2010, iniciarase o proceso de inscrición e anotación na Sección 4ª.

Réxime transitorio : As unidades familiares ou de convivencia incorporadas ao programa de vivenda en aluguer na data de publicación do Decreto 84/2010, poderán manter a antigüidade na demanda que tiñan en PVA se solicitan a inscrición ou anotación na Sección 4ª no prazo dun mes a contar desde a data de publicación do citado decreto. O prazo finaliza o 2 de xullo.

INQUILINOS

As principais novidades que presenta o Programa Aluga en relación cos inquilinos son as seguintes:
  • Amplíanse os tramos de ingresos dos potenciais beneficiarios ata 3,5 veces o IPREM, para harmonizalo con outras actuacións en materia de vivenda protexida.
  • Para determinar os importes máximos da renda das vivendas alugadas téñense en conta as zonas territoriais onde se encontren as vivendas, establecendo tres zonas coma no Plan de Vivenda 2009-2012: zona territorial de prezo máximo superior, zona 1 e zona 2, establecidas para a determinación dos prezos das vivendas protexidas.
  • Para adecuar o prezo da renda aos ingresos e asegurar un certo grado de solvencia, establécense novos límites de renda segundo tramos de ingresos dos inquilinos:

PREZO MÁXIMO DO ALUGUEIRO (euros por mes)

INGRESOS MÁXIMOS DOS BENEFICIARIOS (veces o Iprem)

400

Ata 1,5

550

Máis 1,5 ata 2,5

600

Máis de 2,5 ata 3,5

 

Condicións dos beneficiarios

Para acceder aos beneficios do Programa Aluga os solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ingresos anuais ponderados entre 0,7 e 3,5 veces o IPREM. O límite mínimo de ingresos (0,7 veces o IPREM) non será preciso acreditalo no caso de colectivos cualificados, que se definen máis adiante.
  • Estar inscritos ou anotados no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda (Sección 4ª, “ Demandantes de vivenda en réxime de arrendamento incorporada ao Programa Aluga”)
  • Non ser titulares de pleno dominio ou dun dereito real de uso ou disfrute sobre algunha vivenda
  • Estar ao corrente na súas obrigas tributarias
  • Residir ou desenvolver a súa actividade laboral nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia
  • Non estar recibindo axudas para o alugueiro da Xunta de Galicia.Non poderán acceder ás axudas do Programa Aluga os que xa recibiran axudas para o alugueiro durante cinco anos, excepto cando xa transcorreran dous anos dende a última mensualidade subvencionada.


No proceso de selección de inquilinos para as vivendas incorporadas ao Programa Aluga terán preferencia as unidades familiares ou de convivencia con ingresos que non superen 2,5 veces o IPREM e os colectivos definidos como prioritarios e os cualificados, que son os seguintes:

Os colectivos prioritarios, dentro dos distintos tramos de ingresos, son os seguintes:

  • Menores de 35 anos e maiores de 65
  • Familias numerosas.
  • Familias monoparentais con fillos.
  • Persoas separadas ou divorciadas, ao corrente no pagamento de pensións alimenticias e compensatorias, no seu caso.
  • Os considerados “colectivos cualificados” que se definen a continuación


Os colectivos cualificados son as unidades familiares ou de convivencia con ingresos anuais ponderados inferiores a 0,7 veces o IPREM que pertenzan a algún dos seguintes grupos:

  • Mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Persoas dependentes ou con discapacidade oficialmente recoñecida, e as familias que as teñan ao seu cargo.
  • Emigrantes retornados, nos dous anos anteriores a presentación da solicitude.
  • Perceptores da Renda de Integración Social (RISGA).
  • Perceptores de pensións.

 

PROPIETARIOS



Condicións das vivendas

Poderán incorporarse ao Programa Alugas as vivendas libres, desocupadas, que reúnan condicións de habitabilidade e estean emprazadas en concellos con demanda real de vivenda en alugueiro. Os seus propietarios poderán ser tanto persoas físicas como xurídicas.


As vivendas poñeranse a disposición do Programa Aluga por solicitude dos seus propietarios e por un prazo mínimo de cinco anos.

Documentación a presentar polos propietarios/as de vivendas

A documentación a presentar polos propietarios/as de vivendas que desexen integrarse no Programa de Vivenda de Aluguer deben presentar xunto coa Solicitude de Incorporación os seguintes documentos:

  • Fotocopia compulsada do DNI.
  • Título de propiedade da vivenda debidamente compulsado.
  • Último recibo do IBI.
  • No caso de que o solicitante actúe como apoderado, poder que o habilite debidamente compulsado.
  • No caso de que o solicitante sexa usufructuario, título que o acredite debidamente compulsado.
  • No caso de que actúe como nú propietario, consentimento do usufructuario.

 

 

 
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio