|
Feira Artesanal do Mel de Sarria |
|
- Horario: 10:00 ata 18:00h.
Bases para os participantes:
- O mel presentarase en envases de vidro, de 1 ou ½ quilo de capacidade. Todos os envases á venda levarán etiquetas: unha da “Feira artesanal do Mel de Sarria” que aportará a organización, e outra coa identificación do apicultor e o nº de rexistro sanitario, de ser o caso.
- Cada participante deberá facerse responsable do seu producto así coma das súas características e salubridade. Nin o comité organizador, o Concello de Sarrio, a APLA, nin o veterinario responsable do control de ventas se farán responsables do producto alí exposto.
- O participante que atenda cada posto vestirá de branco, con funda apícola, mandilón ou similar, e estará identificado co seu nome mediante un colgante aportado pola organización.
- Antes das 10:00 horas todos os expositores ocuparán os seus postos, os que non o fagan así poderán ser excluídos da feira. Os postos permanecerán atendidos ininterrompidamente ata a hora de peche, aínda no caso de rematar o mel para a venda.
- O número de participantes estará limitado ós que determine a organización no seu momento. Para participar será condición indispensable exerce-la actividade apícola na comarca. A condición de participante será exclusiva para cada inscrito aceptado, non podendo delegarse esta condición noutra persoa.
- Para poder participar na Feira do Mel de Sarria é preciso inscribirse previamente, cubrindo o impreso de inscrición que facilita a organización, ata o19 de novembro. Este impreso pode solicitarse na casa do concello de Sarria (982.53.10.01)
- No caso de que os solicitantes sobrepasen o número de participantes previstos, efectuarase un sorteo público o día 20 de novembro ás 12:00 no edificio do Concello de Sarria. Ese mesmo día farase pública a lista de admitidos. As etiquetas para os tarros entregaránse no Concello unha semana despois de feito o sorteo ou o día da Feira.
- A cota de participación será de 20,00 euros a pagar no momento de ocupa-lo posto na Feira.
- Establécese un prezo mínimo de venda de 6,50 euros para os envases de 1 quilo e de 4,00 euros para os de ½ quilo.
- Os participantes presentarán na Feira unha cantidade de mel suficiente como para abastece-la posible venda. Así mesmo levarán bolsas brancas para despacha-lo mel. Ó remate coidarán de deixar o posto limpo e recollido.
- A comisión organizadora velará polo cumprimento destas bases. A falta das mesmas poderá levar aparellada a non admisión ou expulsión do participante para a presente ou futuras edicións da feira.
Declaración xurada
Ficha de inscrición
Organiza: Asociación Provincial Lucense de Apicultores
Colabora: Concello de Sarria
 
|