Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente Reparto de Cinceiros Portátiles. Campaña "Manten Limpas as nosas Rúas"
25 | 11 | 2017
Reparto de Cinceiros Portátiles. Campaña "Manten Limpas as nosas Rúas"

 

Reparto de Cinceiros Portatiles. Campaña "Manten Limpas as nosas Rúas"
Coa entrada en vigor da lei o pasado 2 de xaneiro de 2011 púsose de manifesto un vello problema, as cabichas nas rúas, antes da entrada en vigor da Lei calcúlase que remataban nas rúas 14.868 cabichas, o cálculo realizouse partindo dos datos obtidos pola Sociedade Española de Especialistas en Tabaquismo, nos seus estudos afírmase que o 30 % da poboación española é fumadora, que a media de cigarrillos por persoa e día é de 14 cigarros, destes, o 50 % fúmanse na rúa eo 59 %  destas acaban no chan, se temos en conta que a poboación de Sarria maior de 18 anos é de 12.000 persoas:

Antes da entrada en vigor da Lei:

  • Hai 3.600 fumadores (12.000 * 30/100)
  • Consumense 50.400 cigarros ó día (3.600 fumadores * 14 cigarros/día)
  • Fúmanse 25.200 cigarros nas rúas (50.400 * 50/100)
  • Acaban no chan 14.868 cabichas (25.200 * 59/100)

Cinceiros portátiles
Non existe un cáculo de cantas destas cabichas acaban nos sumidoiros ou cantas son recollidas polos equipos de limpeza, pero se temos en conta que 5 cabichas pesan un gramo, esas 14.868 cabichas se convirten en 2,9 kilogramos, que o cabo do ano son 1,05 toneladas.

Dende o 2 de xaneiro estas cálculos cambiaron, xa que temos que ter en conta o número de persoas que deixaron de fumar ou que reduciron o seu consumo diario, pero tamén o incremento no número de cigarros consumidos nas rúas o non podelo facer en espazos públicos pechados, según estudos recentes o 20 % dos fumadores deixou de fumar ou está no proceso, o resto de fumadores reduxeron a media de cigarros consumidos o días, xa que gran parte do consumo diario de cigarros realizábase en lugar nos que agora, coa entrada la Lei, non se permite fumar, se facemos os cálculos destes exfumadores, se antes fumaban 3.600 persoas e o 20 % de las deixou o tabaco supón que 864 persoas deixaron de fumar, que xeraban 12.096 cabichas, se temos en conta que o consumo diario reduciuse de 14 cigarros/persoa/día a 12 cigarros/persoa/día, supón 5.472 cigarros menos (2.736 fumadores * 2), se o sumamos suporía unha reducción de 14.832 cigarros ó día, se temos en conta os cálculos do principio 4.375 cabichas menos nás rúas, case un kilo menos de lixo diario. Pero se agora temos en conta que se incrementou o número de cigarros cosumos nas vías públicas e que ainda que moitos establecementos hosteleiros colocáronse cinceiros diante dos seus locais, na maior parte non existe algunha medida para que as cabichas acaben no chan, polo que do 50 % que se calculaba que se fumaba nas rúas agora pasa ó 70 %, e ese 59 % que remataba no chan agora pasa ó 80 %, polo que se facemos os cálculos de novo:

Despois da entrada en vigor da Lei:

  • Hai 2.736 fumadores (12.000 * 22,8/100)Reparto de Cinceiros Portatiles. Campaña "Manten Limpas as nosas Rúas"
  • Consumense 38.304 cigarros ó día (2.736 fumadores * 12 cigarros/día)
  • Fúmanse 26.812 cigarros nas rúas (38.304 * 70/100)
  • Acaban no chan 21.449 cabichas (26.812 * 80/100)


Se facemos unha comparativa dos datos de antes e despois da entrada en vigor da Lei:

Comparativa entre os datos anteriores e posteriores a entrada en vigor da Lei:

  • Hai 864 fumadores menos
  • Consumense 12.096 cigarros menos ó día
  • Fúmanse 1.612 cigarros máis nas rúas
  • Acaban no chan 6.581 cabichas máis


En resumo, a pesar da reducción do número de fumadores e do consumo medio diario dos que todavía fuman, 6.581 cachibas acaban no chan máis que antes da entrada en vigor da Lei, 1,3 kilogramos máis de lixo diarios nas nosas rúas, que en parte acaban sendo recollidas polos servizos de limpeza, pero que na súa maior parte acaban nos sumidoiros e nas depuradoras de augas residuais. Por iste motivo dende a Área de Medio Ambiente, consciente do grave problema que supoñen as cabichas nas depuradoras e a suciedade nas rúas, pon en marcha a campaña "Mantén limpas as nosas rúas", na que se repartirán 1.000 cinceiros portátiles entre os fumadores pretendendo reducir ó máximo o dano que supoñen as cabichas, os cinceiros repartiranse entre os locais de hostalaría para o reparto entre os seus clientes e tamén nas propias Dependencias Municipais.

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio