Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente Programa do Instituto Jane Goodall: "ChimpAmig@s"
25 | 11 | 2017
Programa do Instituto Jane Goodall: "ChimpAmig@s"

 
Chimpamigos

O Concello de Sarria sumouse á campaña Mobilízate pola selva, do Instituto Jane Goodall (IJG), que conta en Galicia coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e a Obra Social de Caixa Galicia, e que consiste na recompilación de móbiles para a súa reciclaxe co fin de protexer os ecosistemas africanos, durante os meses de maio a agosto do ano 2010 situáronse 9 colectores para a recollida de móviles.

Nestes meses o alumnos e alumnas do Colexio Nosa Señora da Asunción recolleron 120 móviles para a súa reciclaxe, coma contrapartida a recollida, por cada 30 móviles entregados os alumnos e alumnas apradinaban un chimpancé polo espazo dun ano, no que irán recibindo información sobre o estado de cada un dos chimpancés apadrinados.

 



Mobilízate pola selva é unha campaña que se está a desenvolver por distintos puntos de toda Galicia (concellos, centros educativos, entidades bancarias,...) e que se puxo en marcha no pasado mes de setembro tras a sinatura dun convenio de colaboración entre CEIDA e o Instituto Jane Goodall. O IJG fundouse en 1977 pola afamada primatóloga e naturista inglesa Jane Goodall, que visitou Galicia o pasado mes de maio. O IJG, implantado en trinta países do mundo, leva a cabo diferentes programas de investigación e conservación en África, destacando o Parque Nacional de Gombe en Tanzania, o Centro de Recuperación e Reserva de Tchimpounga (República do Congo), o santuario de Ngamba Island (Uganda) e outros en Guinea, Senegal, Gabón e Sudáfrica. O IJG implica á poboación local para desenvolver os seus proxectos.

 

 

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio