Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente Presentación Candidatura á Convocatoria Europea LIFE+ 2011
19 | 09 | 2017
Presentación Candidatura á Convocatoria Europea LIFE+ 2011

 

Presentación Candidatura á Convocatoria Europea Life+

 

Este venres 29 de xullo tivo lugar a presentación da candidatura á convocatoria europea LIFE+ 2011. O acto asistiron; o alcalde de Sarria, José Antonio García López, a concelleira de medio ambiente Noelia Díaz Bruña e o presidente de SOGAMA, Luís Lamas Novo, deronse a coñecer os pormenores da candidatura presentada á convocatoria europea Life+ 2011, contando coa participación do concello de Sarria. O principal obxectivo desta iniciativa pasaría por incrementar a cantidade e calidade dos residuos depositados pola poboación nos colectores amarelos de recollida selectiva, conseguindo con isto importantes beneficios ambientais e económicos para as arcas locais.

Sarria, entre os doce municipios galegos incluidos na candidatura presentada por SOGAMA á convocatoria europea LIFE+.


Life+ é un instrumento comunitario de carácter financeiro para o período 2007-2013, que está dedicado exclusivamente ao medio ambiente.

O obxectivo último desta iniciativa, que conta cun orzamento de 426.000 euros, dos cales a UE cofinanciaría un máximo do 50 por cento, é o de promover unha maior e activa participación dos cidadáns galegos no sistema de recollida selectiva dos envases lixeiros.

Cunha porcentaxe media de impropios nos recipientes amarelos superior ao 30 por cento no conxunto de Galicia, o proxecto pretende baixala ata o 15 por cento, o que traerá consigo importantes beneficios ambientais e económicos para as arcas locais.

A selección dos doce municipios participantes (tres por provincia) realizouse en base a criterios previamente definidos tales como a densidade de poboación, excelencia turística, proxección industrial, patrimonio histórico e alto nivel de impropios, situado entre o 31,37 e o 70,78 por cento.

O proxecto, enmarcado no novo Plan Galego de Xestión de Residuos Urbanos 2010-2020, conta co respaldo da Consellería de Medio Ambiente e a colaboración de Feuga, ademais do apoio doutras entidades tales como a Fegamp, Ecoembes e Envite.

 

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio