|
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), como administración máis próxima ao cidadán, considérase un dos elementos esenciais para conseguir unha transparencia do mercado e eficacia do exercicio nos dereitos dos consumidores. A súa finalidade é informar, orientar e educar aos consumidores para o adecuado exercicio dos seus dereitos, a través de campañas divulgativas, publicacións, certames, xornadas, etc.
A OMIC atenderá e tramitará as queixas, reclamacións e denuncias dos consumidores realizando as mediacións oportunas para a resolución dos conflitos e a promoción e información sobre o Sistema Arbitral de Consumo
|
|