English French German Spanish Galician
Inicio Concello Cultura Actividades para este outono da Asociación Cultural CreArte
23 | 05 | 2013
Actividades para este outono da Asociación Cultural CreArte

 
Asociación Cultural CreArte

A Asociación Cultural CreArte presenta as actividades para este outono.

Para vos anotar nas actividades só tedes que encher o folla de inscrición do tríptico, facer o ingreso (para as non gratuítas) e facernos chegas ambos a CreArte dentro do prazo indicado.

 

 

  • Os mércores de 19.30h a 21h e de 21h a 22.30h na Unión
  • Comezo 28/setembro
  • Imparte David Becerra
  • Socios 20€/mes, non socios 30€/mes

O mércores 21/set ás 19,30h e ás 21h haberá clases abertas gratuítas, e a formación de grupos con posibilidade de novos horarios.
É recomendable levar roupa cómoda, esterilla, manta e toalla.

  • Domingo 23 de outubro de 11h a 12.30h na Unión
  • Imparte Tinta de Lura
  • Socios 5€, non socios 10€
  • Inscricións ata o 30 de setembro
  • Orientado a nenos e nenas de 6 a 12 anos

A través de xogos búscase que os/as participantes reflexionen sobre o rol do ser humano na natureza, fomentar o respecto polo medio natural, fomentar a creatividade e afondar nas posibilidades da expresión teatral.


  • Os xoves 6, 13, 20 e 27 de outubro de 17h a 18.30 na Unión
  • Imparte María Luisa Mosquera (Casperle)
  • Socios 15€, non socios 25€
  • Orientado a adultos

Confección de bonecas ao estilo antigo con materiais como lá, cordel, trapos, etc.


  • Venres 21 de outubro de 20.30h a 22.30h na Unión
  • Imparten Enrique Banet e Mabel Ribera (Fundación Galicia Verde)
  • Socios gratis, non socios 10€

E. Banet falará da filosofía Ayurveda, do principio dos cinco elementos, a constitución doshica, os seis sabores, equilibrio e saúde e nutrición.

Venres 14 e 28 de outubro, e 25 de novembro de

  • 20.30h a 22.30h na Unión
  • Dirixen Marcial Fernández e Constanza Mora

Domingo 13 de novembro

  • 20.30h a 22.30h na Unión
  • Dirixe Pedro Vidal (Centro de Formación Sincronía)

Socios gratis, non socios 10€/mes
Inscrición non necesaria


  • Sábado 5 de novembro de 9h a 21h na Unión
  • Imparte Susana María Rosas (naturópata e terapeuta emocional)
  • Socios 70€, non socios 90€
  • Inscricións ata o 14 de outubro

Para participar a terapeuta precisa coñecer con antelación ao curso a historia emocional da persoa, polo que os participantes deberán ter total dispoñibilidade para o día da sesión (sen móbiles, sen saír do local...) e para responder por escrito con antelación unha serie de preguntas persoais. Cada
participante debe levar o seu xantar porque non se sairá das instalacións durante as 12 horas que dure a xornada.

  • Sábados 12, 19 e 26 de novembro de 10.30h a 13.30h na Unión
  • Imparte Pilar Lorenzo (Risaactiva)
  • Socios 45€, non socios 75€
  • Inscricións ata o 21 de outubro

O optimismo e bo humor axúdannos a saír adiante, a resolver mellor os nosos problemas e a diminuír o sufrimento. Coñece as pautas mentais que potencian a saúde emocional. Experimenta a risa endóxena que favorece a flexibilidade e creatividade mental.
Modifica patróns automáticos negativos. Integra un ton alegre e positivo na vida diaria.


  • Sábado 24/setembro de 10h a 14 h na Unión
  • Imparten Javier Goyanes e Antonio Seijas
  • (Prospectores xeobiolóxicos)
  • Socios gratis, non socios 10€
  • Inscrición non necesaria

É saudable o espazo que habitas? Cres que a túa casa pode contribuír á túa saúde? Queres mellorar a calidade de vida no teu fogar? A Xeobioloxía dá
resposta a todas estas preguntas. Haberá unha parte práctica do manexo das varillas Hartman.

  • Os mércores de 17h a 19h na Unión
  • Comezo 28 de setembro e remate o 30 de novembro (9 sesións)
  • Imparte Tinta de Lura
  • Socios 45€, non socios 60€ (neno+adulto)

Orientado a adultos de nenos de 7 a 12 anos. Cada neno deberá vir acompañado por un ou dous adultos.
Actividade destinada a formar lectores, xuntando novos e maiores, traballando non só con libros editados, senón tamén coa literatura oral que coñezan.

Triptico actividades outono Asociación Cultural CreArte

 

  Compartir
Cartel
  • Pel de galiña

    [21/05/2013 21:00 - 26/07/2013 23:00]
    O ciclo Pel de galiña inclúe cinco actuacións de artistas con diferentes estilos e xéneros de música.

  • VII Mostra de Modelismo Naval

    [22/05/2013 20:00 - 30/06/2013 20:00]
    A asociación de Modelistas Navais de Galicia (Amonaga) expón algunhas das pezas máis significativas do modelismo naval.