|
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL |
6.- PROGRAMA DE EDUCACIÓN FAMILIAR. Consiste na intervención, por parte de persoal especializado, con familias nas cales detéctanse carencias competenciales nas súas funcións parentales, como consecuencia da perda de referentes estables e das funcións que tiña asignadas, sendo o fin último desta intervención a integración social e mellora da calidade de vida das familias. Os obxectivos son: potenciar a autonomía das familias; favorecer a integración de todos os membros da unidade familiar no seu contorno social; posibilitar a intervención profesional individualizada coas familias con menores ao seu cargo, persoas con dependencia, discapacitados ou calquera outra situación familiar que poida desembocar nunha situación de risco ou dificultade social; e, prestar apoio e colaboración na capacitación dos adultos que deesempeñan roles parentales para desenvolverse adecuadamente no autocuidado, coidado e educación dos fillos/as e a atención, organización e mantemento do fogar.
|
|