Galician English French German Spanish
26 | 04 | 2017
Punto Limpo

 

Punto Limpo

Punto Limpo é o lugar de recepción e depósito de residuos domésticos que necesitan un proceso especial de recollida e tratamento.

Este servizo é totalmente gratuito para particulares.

Se non pode desprazarse ata o Punto Limpo , temos un servizo municipal de recollida a domicilio .

Para solicitar o servizo chamar ao teléfono 982 53 50 00 indicando dirección de recollida e tipo de residuo.

Horario :

Luns e Mércores : 9:00 a 15:00 h

Martes e Xoves : 15:00 a 21:00 h

Recollida porta a porta : dúas veces ao mes

Lugar:

POL. IND. DO MORELLE

Dentro dos residuos admisibles, estes clasifícanse seguindo a seguinte relación:

Banais:

  • Vidro
  • Papel
  • Cartón
  • Metais: aluminio, ferro, cobre, bronce, aceiro inoxidable...
  • Plásticos
  • Madeira

Voluminosos

  • Electrodomésticos
  • Mobles
  • Colchóns
  • Somieres
  • Caixas
  • Marcos e portas

Tóxicos e perigosos

  • Aceites de motor
  • Aceite vexetal
  • Lámpadas de vapor de sodio, mercurio...
  • Baterías de automóbil
  • Pilas
  • Radiografías
  • Tubos fluorescentes

Residuos NON Admisibles

  • Lixos domésticos
  • Pneumáticos
  • Recipientes voluminosos metálicos ou plásticos maiores de 25 litros que contivesen produtos tóxicos ou perigosos
  • Medicamentos
  • Residuos infecciosos
  • Residuos radioactivos
  • Residuos de pinturas, disolventes

 

 
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio