English French German Spanish Galician
Inicio Concello CIM Declaración Institucional. Día Internacional da Muller
21 | 05 | 2013
Declaración institucional Día Internacional da Muller

Centro de Información á Muller

101 anos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller; unha data que a Xunta de Galicia quere dedicar no presente ano á promoción da mellora das condicións de vida das mulleres rurais: alicerce clave no desenvolvemento do progreso e do futuro da nosa Comunidade Autónoma.

Son moitos os avances acadados ata o de agora, pero aínda quedan outros tantos retos aos que enfrontarnos. O artigo 9.2 no Título Preliminar da nosa Carta Magna é claro ao respecto: Corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos nos que se integran sexan reales e efectivas, remover os obstáculos que dificultan a súa plenitude e facilitar a participación da cidadanía na vida política, cultural, social e económica.
As estatísticas aíndan reflicten moito camiño por percorrer. Seguen a existir signos de desequilibrio nos ámbitos persoal, social, laboral: a nivel da contratación, da temporalidade no emprego, das diferenzas salariais, da escasa presenza feminina nos postos de dirección e planificación, do exercicio dunha corresponsabillidade efectiva.

O Concello de Sarria súmase hoxe aos actos de conmemoración e declara, neste Día Internacional das Mulleres, á importancia de continuar traballando a reo, cunha estratexia coordinada, en prol dunha sociedade democrática avanzada que garanta o benestar económico, político e social de todos/as.
Cómpre seguir incluíndo a perspectiva de xénero en todas e cada unha das políticas que se poñan en marcha.

É crucial recoñecer a colaboración, moitas veces de xeito anónimo, das persoas e das distintas organizacións e servizos que están a traballar pola consecución efectiva da igualdade de xénero.
E, sobre todo, chamar a todos os sarriaos e sarriás (á cidadanía, aos/ás profesionais implicados, axentes sociais, empresariado, asociacións...) ao apoio dun xeito firme e inequívoco neste percorrido, á unir esforzos e vontades para romper cos arquetipos tradicionais como elemento indispensable na consecución dunha verdadeira cohesión social: dunha representación real e efectiva da muller na sociedade e, por suposto, a loitar pola eliminación de todo tipo de violencia contra as mulleres.

JavaScript is disabled!
To display this content, you need a JavaScript capable browser.

  Compartir
Cartel