English French German Spanish Galician
Inicio Novas CeMIT Cursos Multimedia e Audiovisual 2012 da rede CeMIT
24 | 05 | 2013
Cursos Multimedia e Audiovisual 2012 da rede CeMIT

 
Aula CeMIT de Sarria

As aulas CeMIT acollerán ata finais de ano novas actividades gratuítas relacionadas co sector multimedia e audiovisual. A iniciativa conta con máis de seiscentas horas de formación e está previsto que chegue a máis de sete mil usuarios.

As actividades forman parte do Programa de Formación 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), o cal atópase cofinanciado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

CURSO

DURACIÓN

DATAS

Retoque fotográfico

15 h.

25 - 28 de xuño

Streaming de audio e video

15 h.

10 - 13 de setembro

O papel do Community manager

15 h.

24 - 27 de setembro

Creación de contidos multimedia e Web 2.0

40 h.

1 - 23 de outubro

A produción audiovisual: edición e montaxe de videos e audio

60 h

19 - 30 de novembro

Diploma acreditativo da Secretaria Xeral de Medios da Xunta de Galicia.

 

 

  Compartir
Cartel