| Escolas Municipais de patinaxe artística 2012 |
|
E. M. ESCAIRON, E. M.CHANTADA,E. M.MONTERROSO,A. C. D.XOVE ,CLUB ANCA E ESCOLAS MUNICIPAIS DE SARRIA. O Club Anca coa coreografía titulada "Pallasos" conseguiu alzarse co ouro e as escolas municipais de Sarria coa coreografía o raposo conseguiu o bronce. Contando con autoridades como: A presidenta do comité de patinaxe artístico de Galicia Dª María do Carmen Mendez, o delegado provincial de deporte da Xunta de Galicia Dº José Manuel Rozas e o alcalde do Concello de Bóveda Dº Jose Manuel, encargados de facer entrega das medallas. O evento será retransmitido pola TVG2 o próximo sábado día 5 de maio ás 14:30 h.
A Escola Municipal de Patinaxe Artística do Concello de Sarria ,que xestiona o Club Anca, comezou a tempada dunha maneira excelente tras lograr a primeira posición no Torneo de Patinaxe Artística de Grupos de SHOW que se celebrou na localidade lucense de Xove o día 15 de Abril. O equipo sarrián presentou para participar nesta competición o número titulado 'El Zorro' ambientado na serie de cómic deste superheroe.O grupo integrado por Giovanna, Antía, Eva, Laura, Claudia, Lucía e Sandra con Vanesa como adestradora realizaron unha excelente actuación a pesar de ser debutantes.
|
O pasado sábado Celebrouse no Concello de Bóveda o Campionato Provincial de Patinaxe Artístico de grupos de Show 2012, contando con 150 patinadores que demostraron o seu bo facer na pista. O público volcouse con todos os equipos, pois esta é unha modalidade moi espectacular para ver. Presentáronse os clubs e escolas de toda a provincia de Lugo:

