Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente Concurso para colexios de primaria Recopila 2012
19 | 09 | 2017
Concurso para colexios de primaria Recopila 2012

Recopila 2012

Cada día que transcorre cobra máis importancia a necesidade de reciclar, especialmente cando se trata de residuos tan contaminantes como son as pilas.

Por este motivo, dende a Área de Medio Ambiente do Concello de Sarria ponse en marcha concurso para a recollida de pilas usadas, a finalidade deste concurso é concienciar as futuras xeracións da importancia que ten unha adecuada xestión dos residuos, así como a necesidade de que non tiren as pilas usada nas bolsas de lixo.

Unha vez que as pilas están agotadas, é fundamental depositalas nos contedores específicos, xa que si se tiran ó lixo, éstas chegarán ós vertedoiros, onde os metais altamente tóxicos que conteñen pasarán, o ciclo da auga a través dos lixiviados producidos como consecuencia da choiva, ou ben pasarán á atmósfera a través dos gases producidos na queima das basura.

 

Este concurso vai dirixido ós colexios de ensinanza primaria que presenta o Concello de Sarria. Consistirá no que se denomina unha “Liga de recollida de pilas”, que terá por obxetivo fomentar unha xestión axeitada das pilas usadas entre os alumnos, premiando mayoritariamente a aqueles colexios que crediten ter alcanzada a máis alta taxa de pilas recollidas por alumno.

A primeira recollida de pilas realizarase o venres día 27 de abril, realizándose recollidas durante todo o mes de abril e maio, sendo o último día o luns 28 de maio, os gañadores coñeceránse o día 4 de xuño, sendo a entrega de premios o xoves 5 de xuño as doce horas no salón de plenos do Concello.

Durante o tempo que dure o concurso, o venres de cada semana persoal do Concello pasarase polos centro para facer un reconto dos kilogramos recollidos, cubríndose cada semana un formulario cós kilos recollidos. A evolución dos resultados poderá ser consultada en calquer momento na páxina web do concello (www.sarria.es).

Tendo en conta a diferencia de alumnos entre os diferentes centros, para concesión dos premios calcularase a media dos kilos recollidos por cada colexio, atendendo a seguinte fórmula.


Total kg recollidos no colexio / total de alumnos matriculados no colexio


Os premios consistirán en vales para mercar libros ou material para os alumnos da clase gañadora máis un agasallo a cada un dos alumnos da clase.

  1. Premio: vale de 350 € + agasallo
  2. Premio: vale de 200 € + agasallo
  3. Premio: vale de 150 € + agasallo
  4. Premio: vale de 100 € + agasallo

Así mesmo, existirá outro premio extraordinario de 150 € para aquela clase de cada colexio que recolla unha maior cantidade de pilas

En total participarán 766 rapaces, 383 alumnos Frei Luis de Granada, 294 alumnos da Asunción, 269 alumnos do Convento e 57 alumnos do Antonio Fernández.

Unha vez esgotadas as pilas, se as tiramos ao lixo chegan aos vertedoiros, e co paso do tempo perden a carcasa e vértese o seu contido, composto principalmente por metais pesados como o Mercurio, o Cadmio e o Cinc. Estes metais, infiltrados desde o vertedoiro, acabarán contaminando as augas subterráneas e o chan e con iso introduciranse nas cadeas alimentarias naturais, das que se nutre o ser humano.

Se se incineran, as emanaciones resultantes darán lugar a elementos tóxicos volátiles, contaminando o aire.
A reciclaxe de pilas en España apenas alcanza o 20%. O caso das pilas alcalinas é especialmente rechamante: Só o 15% recóllese de xeito selectivo, e unicamente o 1% é reciclado.

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio