|
Campamentos de verán para persoas con discapacidade |
|
A Secretaría Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar convoca campamentos de verán para persoas con discapacidade para o verán de 2012.
Poderán solicitalos todas aquelas persoas que:
- Teñan unha porcentaxe de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
- Teñan unha idade comprendida entre os 9 e os 40 anos, segundo se indica en cada unha das quendas
- Vivan habitualmente no seu domicilio
- Non presenten trastornos que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da actividade
- Presenten unhas capacidades que sexan compatibles coas actividades que se van desenvolver e coas características da instalación.
Prazo: Ata o 31 de maio, incluído, para as prazas de integración. Ata o 15 de xuño, incluído, para as prazas específicas.
Folleto informativo
Información e inscrición na O.M.I.X do Concello
|