Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente Programa de Compostaxe Doméstica
25 | 11 | 2017
Programa de Compostaxe Doméstica

 
Charla programa compostaxe doméstico

O día 17 de Xaneiro, ás 12:00h, no salón de plenos do Concello de Sarria, tivo lugar a entrega dos compostadores, recipientes do programa de compostaxe doméstica de Sogama, ao cal se adheriu o Concello de Sarria.

O presidente de Sogama, Luís Lamas, desprazouse até Sarria no mes de Novembro para manter unha reunión coa concelleira de medio ambiente e poder pór en marcha o programa de compostaxe doméstica co que se trata de concienciar aos veciños sobre a importancia de reducir a produción de lixo na bolsa negra e fomentar a recollida selectiva.

A compostaxe doméstica non é máis que a reciclaxe da materia orgánica en orixe, converténdoa nun abono natural con excelentes propiedades para o chan e que o propio produtor pode utilizar no seu horto, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais.

Na composición media do lixo, preto do 50% da mesma está conformada por restos orgánicos. Con esta técnica, ademais da obtención de compost, conséguense importantes beneficios ambientais e económicos. Preténdese reducir e mellorar o tratamento da bolsa negra, que vai ao colector xenérico, na que refugamos orgánicos (restos de alimentos) e materiais non susceptibles de ser reciclados (cueiros, *compresas, panos de mesa de papel...), de tal forma, que o que tentamos tamén con este programa é reducir o importe da factura que se debe pagar pola xestión e tratamento dos residuos da bolsa negra.

Os veciños de Sarria que quixeron adherirse ao programa de compostaxe son 30. Os cales se apuntaron na delegación de medio ambiente do concello á iniciativa no prazo establecido.

Así que o xoves realizarase a distribución dos correspondentes compostadores, recipientes con capacidade para 360 litros, fabricados con polietileno reciclado e reciclable, cedidos gratuitamente por Sogama.

Ademais facilitaráselles un manual para o correcto uso do mesmo, contando tamén co apoio de dous operarios da delegación de medio ambiente que recibiron un curso de formación por parte de Sogama sobre o correcto emprego e elaboración da compostaxe.

A maiores repartimos aos participantes unhas bolsas que tamén nos mandou Sogama para o uso doméstico de separación de residuos. Son unhas bolsas moi cómodas, de 20 litros de capacidade, reutilizables, para ter en casa, dun material moi resistente, lavables. Son tres bolsas, unha amarela para recipientes de plástico, outra verde para o vidro e outra azul para papel. Para poder realizar unha correcta separación do lixo no propio fogar.

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio