Galician English French German Spanish
Inicio Concello Medio Ambiente Concurso para Colexios de Primaria "Recompila 2013"
19 | 09 | 2017
Concurso para Colexios de Primaria "Recompila 2013"

 
Recompila 2013

De novo este ano desde a delegación de medio ambiente do concello de Sarria ponse en marcha a actividade RECOMPILA 2013, o concurso de recollida de pilas usadas no que participan aqueles colexios de primaria que pertencen ao concello de Sarria.

Este concurso ten por finalidade concienciar aos máis pequenos da importancia que ten realizar unha boa separación e xestión dos residuos para evitar a contaminación dos chans e da auga.

Realizando esta actividade os nenos entenden o importante que é a reciclaxe das pilas xa que son altamente contaminantes, especialmente as de botón, polo que desta maneira tentamos que tomen conciencia e aprendan que nunca deberían ir ao lixo, que se deben depositar en colectores especiais que facilitan a súa recollida.

De tal forma que os nenos descobren todos os tipos de pilas que existen, pilas de botón, pilas de petaca ou cilíndricas e as baterías de móbil (que son pilas recargables, que se poden utilizar durante moito tempo) ademais dos danos que causan cando incorrectamente tíranse as pilas usadas co resto dos refugallos xa que estas pilas van parar ao vertedoiro ou á incineradora e entón, o mercurio e outros metais pesados tóxicos poden chegar ao medio e prexudicar aos seres vivos.

Tendo en conta que unha soa pila de mercurio pode contaminar 600.000 litros de auga e unha alcalina 167.000 litros.

Temos que apostar por este tipo de concursos para os colexios, dirixidos a que os nenos de forma práctica aprendan a utilizar adecuadamente os recursos. Ademais de ser un éxito de participación, xa que na pasada edición (curso 2011/12) entre todos os colexios participantes (Asunción, Mercé, Frei Luís de Granda e Antonio Fernández (Oural) recolléronse 700Kg de pilas.

A recollida das pilas realizásense durante o mes de Abril e Maio, o último día de recollida nos colexios será o día 31 de Maio.

Os gañadores daranse a coñecer o día 3 de Xuño e a entrega dos premios realizarase no salón de plenos do Concello o día 5 de Xuño, coincidindo co día mundial do medio ambiente, ás 12horas.

Os premios este ano repartiranse de forma distinta á de anos anteriores. Serán os seguintes:

Colexio gañador con máis pilas (Premio de 250 euros).

Tendo en conta a diferenza de alumnos entre os diferentes centros, a asignación dos premios realizarase da seguinte maneira:

Total kg rexidos no colexio / total de alumnos matriculados no colexio

Clase gañadora de todos os colexios con máis pilas (Premio de 250 euros).

Total kg rexidos na clase / total de alumnos desa clase

Segunda clase de todos os colexios con máis pilas (Premio de 200 euros).

Terceira clase de todos os colexios con máis pilas (Premio de 150 euros).

Cuarta clase de todos os colexios con máis pilas (Premio de 100 euros).

Estes premios serán en forma de vales para que os colexios gañadores empréguenos no material escolar que necesiten.

 

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio