Galician English French German Spanish
Inicio
17 | 08 | 2017
Selecciona el título de una noticia de la lista siguiente para leerla.

Inmersión lingüística, colonias vacacións verán 2016

{xtypo_rounded2}Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán de 2015

O Ministerio de Educación convoca 2200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2016 nalgunha localidade de España, para alumnos de 1º e 2º da ESO.

Requisitos:

  1. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2015/2016.
  2. Obter, como mínimo, notable como nota media do curso 2014-2015.
  3. Obter, como mínimo, notable como nota final na materia de inglés no curso 2014/2015.
  4. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores

Estas axudas distribúense en dous grupos:

Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 3 de xullo ao 17 de xullo de 2016:

  • Grupo I: 660 axudas de ata 476 €.
  • Grupo II: 440 axudas de ata 326 €.

Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 17 de xullo ao 31 de xullo de 2016:

  • Grupo I: 660 axudas de ata 476 €.
  • Grupo II: 440 axudas de ata 326 €.

Grupos I e II:

Os solicitantes que a data 31 de decembro de 2014 se encontren nalgunha das seguintes circunstancias, integrarán o denominado Grupo I:

  1. Orfandade absoluta do solicitante.
  2. Pertencer a familias nas que algún membro estea afectado de minusvalía legalmente cualificada (en grao superior ao 65% para pai/nai/irmáns do solicitante e superior ao 33% no caso de que a padeza o propio solicitante).
  3. Pertencer a familias nas que o pai, nai ou titor legal encóntrese en situación de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente absoluta.
  4. Pertencer a familia numerosa.
  5. Pertencer a familia monoparental.

Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias anteriores formarán parte do denominado Grupo II.

Ler máis...
  Compartir
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio