Galician English French German Spanish
Inicio
20 | 05 | 2019
Solicitude de uso de instalacións deportivas municipais

 
Instalacións deportivas

O Concello de Sarria abre o prazo para a solicitude das instalacións deportivas para clubes federados, dende 22 ao 28 de agosto do 2018.

Solicitude presencial: nas Oficinas do Rexistro Municipal, en horario de atención ao público, presentando o impreso de Solicitude de Instancia xeral .

Prazo: Do 22 ao 28 de agosto do 2018

Documentación que debe achegarse xunto á solicitudee para a súa tramitación:

  1. Preferencias de horarios para os adestramentos.
  2. Número de deportistas participando na competición.
  3. Número de socios.
  4. Deporte feminino, deporte de base e de persoas que practique deporte adaptado.
  5. Categorías deportivas (proxección deportiva e continuidade).
  6. Antigüidade do club deportivo.
  7. Teléfono de información e correo electrónico do club deportivo
  8. Utilidade deportiva ou social no Concello de Sarria.
  9. Fotocopia do documento acreditativo de inscrición no Rexistro de Entidades Deportivas. (NIF)
  10. Certificado do secretario da entidade deportiva, coa listaxe nominal de cada deportista coa categoría na que compite e data de nacemento de cada un, ou fotocopia da licenza federativa en vigor da Federación Deportiva correspondente, de cada deportista beneficiario.
  11. Certificado do secretario de que os deportistas representen a un club federado no Concello de Sarria.

 

Os datos recompilados serán tratados de acordo á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. O seu obxecto será facilitar a xestión, tanto das Instalacións , como dos Cursos, Actividades e Competicións que se organicen. En ningún caso serán cedidos a terceiros. Así mesmo, o usuario autoriza ao Concello de Sarria para, en caso necesario, publicar fotos das actividades nas que participa o menor.

 

Solicitude uso instalacións deportivas municipais

 

Delegación de Deportes do Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio