Galician English French German Spanish
Inicio Concello Deporte Torneo de Baloncesto 3x3 San Xoán 2015
02 | 04 | 2020
Torneo de Baloncesto 3x3 San Xoán 2015

 

Torneo de Baloncesto 3x3 “San Xoán 2015”

O Club Baloncesto Sarria organiza un ano máis o tradicional torneo 3x3 de baloncesto "San Xoán 2015"

O torneo terá lugar o vindeiro sábado 27 de Xuño a partir das 9:30 no Novo Pavillón do Chanto en Sarria.

Máis de 1.000 € en Premios!!

Repartiremos importantes premios entre o tres primeiros clasificados, o gañador da final B e o gañador do concurso de triplos.

Paella xigante para todos os participantes!!

Como en edicións anteriores prepararémosvos unha monumental paella para que repoñades forzas para os partidos da tarde.

#Non te despistes ou quedas sen xogar!!

O número de participantes estará limitado a 24 equipos.

A ter en conta:

  • Para participar no torneo é imprescindible a inscrición do equipo e o pago dunha cota de 40 €.
  • Os equipos estarán formados por un mínimo de tres e un máximo de catro xogadores. Permítense equipos mixtos e a idade mínima esixida para participar como xogador no torneo é de 15 anos.
  • O número de participantes en ningún caso excederá os 24 equipos.
  • Cada equipo xogará un mínimo de 4 partidos.
  • O día do torneo cada xogador deberá portar o seu DNI, ou documento que acredite a información dada na inscrición xa que este poderá ser requirido por calquera membro da organización.
  • Todos os xogadores do mesmo equipo están obrigados a vestir con camisetas do mesma cor.
  • A organización resérvase o dereito a suspender o torneo no caso de que non se inscribisen unha cantidade suficiente de equipos. Se así sucedese devolveríanse os 40 € da inscrición.

Apúntate agora

Non o penses máis e inscríbete xa.

Tes algunha pregunta ou comentario?

Se queres resolver algunha dúbida ou realizar calquera comentario podes enviarnos un mail a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Responderémoste o máis axiña posible.

Toda a información necesaria tédela nesta ligazón:

 

 

Información no Tfno: 625 62 45 38 ou na Cafetería Credencial de Sarria. Paella xigante para todos os participantes

 

Organiza:

Colabora:

C.B. Sarria

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio