"Llega 800": TDT sen problemas de interferencias |
![]() As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone e Orange, comezan a ofrecer en Sarria servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz. Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), os operadores puxeron en marcha "Llega800", entidade encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión. Para garantir a compatibilidade.Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800 MHz e a recepción do servizo de TDT. Para xestionar estes servizos, púxose a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web www.llega800.es. Está próximo a fiinalizar o prazo para resolver incidencias na recepción da TDT ocasionadas polo acendido dunha estación situada neste municipio, sen custo para os cidadáns desta localidade. Poderíanse acender novas estacións basee de telefonía móbil, na banda de 800 MHz, se así o considerasen necesario os operadores para mellorar este servizo, nese caso volveríase a informar e atenderíanse de forma gratuíta as incidencias que se producisen, abríndose un novo prazo de seis meses desde a data de aceso.
|