Programa: "Vivas e Visibles" |
![]() A Concellaría de Cultura e Igualdade, botamos a andar o programa VIVAS E VISIBLES coincidindo coa celebración o 8 de marzo do Día Internacional da Muller. Un programa cuxo principal obxectivo é contribuír, tamén desde o eido local, a visibilizar a realidade das mulleres e promover a concienciación cidadá sobre a necesidade dunha igualdade real e efectiva. “Vivas e visibles” aposta por iniciativas culturais e educativas como medios para axitar conciencias e transformar realidades: Charlas nos institutos, actividades infantís nos centros de primaria, exposicións, actos de recuperación da memoria histórica das mulleres da comarca... compoñen esta proposta que conta, ademais, con páxina propia en facebook: @vivasevisibles, que desde xa podedes visitar, participar e difundir. Desde esta concellaría pensamos que é necesario actuar desde o cercano, en cada vila, en cada cidade e aldea do noso país e do mundo enteiro. Utilizar a cultura e a educación como medios para mudar a realidade. Por iso vos convidamos a visitar esta exposición, situada no Paseo Do Malecón coas vosas nenas e nenos, coa vosa familia, coas vosas amigas e amigos... como un xeito de visualizar que os avances e os dereitos non veñen da nada, que os cambios sociais son lentos, pero son posibles e que entre todas e todos facemos unha Sarria e unha sociedade máis xusta para homes e mulleres. Animámosvos tamén a participar activamente do programa VIVAS E VISIBLES
|