Galician English French German Spanish
Inicio
19 | 07 | 2018
mod_vvisit_counterNº de visitas1169640
Temos 51 convidados en liña

Despregamento 4G na banda de 800MHZ

Recoñecemento da Experiencia Profesional

 
Centro de Información á Muller

Convocatoria do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral

No DOG do 27/12/2017 convocouse, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación. Un total de 2.067 prazas nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 553 prazas.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 435 prazas.
  • Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 65 prazas.
  • Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 278 prazas.
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD0340_2): 224 prazas.
  • Tanotopraxia (SAN491_3): 150 prazas.
  • Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.
  • Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 162 prazas.
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural  (SEA595_2): 100 prazas.
  • Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2): 50 prazas

Para as cualificacións profesionais da área de atención sociosanitaria a persoas dependentes,   o procedemento realizarase en dous períodos:

  1. O primeiro para aquelas persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016.
  2. O segundo período para todas aquelas persoas que non se atopen nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria.

Nas cualificacións profesionais de Extinción de incendios e salvamento e de  Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural, non se admitirán novas inscricións nesta convocatoria xa que accederán directamente ao procedemento as persoas candidatas que figuraban na lista definitiva de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016; por orde de puntuación e ata o total de prazas convocadas.

Nas cualificacións profesionais de Socorrismo en instalacións acuáticas, Socorrismo en espazos acuáticos naturais, Servizos para o control de pragas e de Tanatopraxia accederán directamente ao procedemento as persoas que quedaron en lista definitiva de persoas en lista de espera na anterior convocatoria, publicada a través da Orde do 30 de decembro de 2016 e a súa participación levarase a cabo ao mesmo tempo que o resto de persoas candidatas que sexan admitidas definiticamente nesta convocatoria.

As persoas que quedaron nas listas definitivas de persoas en lista de espera indicadas anteriormente:

  • Non teñen que presentar nin nova solicitude nin ningunha documentación.
  • A partir do día 28 de decembro de 2017, a través da páxina web da consellería, no seguinte enderezo: http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional indicarase o lugar, a data e a hora onde terá lugar a primeira reunión de asesoramento para cada persoa candidata.
  • No momento de iniciar a fase de asesoramento, terán que formalizar o pagamento das taxas, segundo se indica no artigo 17 desta orde e poderán actualizar a súa experiencia laboral e formación.

Estas listas definitivas de persoas en lista de espera están dispoñibles para a súa consulta na páxina web da consellería, no seguinte enderezo web: http://emprego.ceei.xunta.gal/portada-reconecemento-experiencia-profesional

Todas aquelas persoas que non estean nestas listas de espera e queiran inscribirse nesta nova convocatoria deberán cumprir os requisitos que se sinalan nas bases desta convocatoria.

Prazos de inscrición no procedemento:

O prazo de inscrición para as unidades de competencia das cualificacións profesionais de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2), Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2), Servizos para o control de pragas (SEA028_2), Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3), Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2), Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2), Tanatopraxia (SAN491_3) e Confección e mantemento de artes e aparellos (MAP005_2) será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia: 28/12/2017-26/01/2018.

 

Máis información no Servizo de Información, Orientación e Prospeción de Emprego do CIM.

 

Concello de Sarria

 

  Compartir
Cartel


Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Pode cambiar a configuración ou obter máis información aquí: Política de cookies.

Acepto cookies para este sitio